Do gris ao violeta #13: Isolina Villaverde
Ven | 13:00 | 13:23
María del Carmen Lores Torres é neta de Isolina Villaverde Cendón. Fálanos para Do gris vos violeta da vida da súa avoa. En agosto do 36 quedou viúva cando o seu marido, o canteiro Aurelio Torres Lorenzo, apareceu fusilado de forma brutal en Bora. Traballando unhas leiras herdadas da súa nai, Isolina sacou adiante aos seus fillos; orfos de pai con tres, seis e sete anos.