A playlist de...#14: Patricia Vilán

A playlist de...#14: Patricia Vilán

Ven | 21:00 | 22:32

Os primeiros recordos musicais de Patricia Vilán Lorenzo saían, na casa familiar de Arcade, dun magnetofón de bobinas que probablemente aínda se conserve. Puido ser arquitecta, ou licenciada en literatura española, pero entrou na Facultade de Dereito de Santiago. Daquela etapa universitaria, non exenta de moita disciplina no estudo, recompila moitos dos temas seleccionados para esta playlist. Descóbrenos algún segredo que ata este programa non desvelara e que garda relación co folclore galego; un patrimonio que a actual portavoz socialista no hemiciclo galego coñece a fondo. É de xustiza non esquecerse de Gandaina.

A playlist de...

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar