Sangre Fucsia #160
Lun | 19:00 | 20:20
Hoxe atrevémonos co xénero heavy metal tan deostado e descoñecido pero querido por moitas fucsias e os seus arredores. Para iso, entrevistamos a Elisa C. Martín, vocalista de grupos como Dark Moor, Dreamaker, Fairyland e Hamka que acaba de publicar a súa biografía "Mi vida. De la delincuencia al heavy metal". Tamén falamos con Bones of Minerva, un grupo de metal alternativo da serra madrileña e analizamos someramente a diversidade nestas bandas. Por último repasamos a 12 grandes deusas do metal. Imos navegar xuntas este mar de cornos fucsias!