Do gris ao violeta #2
Ven | 12:00 | 12:19
Do gris ao violeta pon voz á biografía de tres mulleres pontevedresas; mulleres pioneiras, traballadoras e tamén represaliadas: Amalia Armesto, Cándida Agulla e Manuela Acuña. Pechamos cunha voz en primeira persoa, o testemuño de Fina Paz lembrando a nefasta data do 12 de novembro en que fusilaron ao seu pai. Ademais no estudo de PontevedraViva Radio, acompáñanos a xornalista Montse Fajardo.