La trastienda #62

La trastienda #62

Lun | 21:00 | 21:42

Cada vez son máis, pero aínda se lles pode considerar pìoneras no mundo da arbitraxe futbolística. María López Hervés é unha moza árbitro que se converterá o domingo 19 de novembre na primeira muller pertencente á Delegación de Pontevedra do Colexio Galego de Árbitros de fútbol en formar parte como asistente do trío arbitral nun partido de Primeira división feminina, concretamente o Real Betis-Atlético de Madrid que se disputará en Sevilla. Farao como asistente da ourensá, tamén pioneira arbitral, Zulema González. Na Trastienda falamos con ela para que nos conte como se vive a arbitraxe desde dentro, dos problemas cos que se atopa no seu labor deportivo e tamén dos seus anhelos e aspiracións, ou de como decidiu dedicarse á arbitraxe.

La trastienda

Luns ás 21.00 horas

Tertulia deportiva semanal

RADIO.- María López Hervés, unha pioneira na arbitraxe pontevedresa

Por |

Por primeira vez unha colexiada da delegación territorial de Pontevedra formará parte do trío arbitral dun partido da Primeira División Feminina de fútbol, no encontro entre Betis e Atlético de Madrid. Ela é María López Hervés, e visitou o programa da Trastienda, en PontevedraViva Radio

La trastienda #61

Lun | 21:00 | 22:05

A dimisión de Luisito non aceptada polo Consello de Administración, as explicacións da presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, e a situación do equipo, a só dous puntos dos postos de descenso, son motivo de análise na Trastienda, cos xornalistas que seguen habitualmente a actualidade granate para Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, Cristina Prieto, Álex Dávila, Xaime Nogueira e Xurxo Gómez

Descargar
La trastienda #61

La trastienda #60

Lun | 21:00 | 21:27

O tríatlon é posiblemente o deporte que máis alegrías está a dar a Pontevedra nos últimos tempos. Moitas desas alegrías viñeron da man dun home como Pablo Dapena, que recentemente se proclamou en Ibiza campión de España na modalidade de longa distancia. En La Trastienda falamos con el para saber como foi un ano 2017 máxico en canto a resultados

Descargar
La trastienda #60

A trastienda #59

Lun | 21:00 | 21:32

Na Trastienda facemos un repaso do derbi entre Pontevedra e Coruxo disputado en Pasarón, co técnico pontevedrés do equipo olívico, Rafa Sáez, e dous dos xogadores que foron protagonistas como Álex González, polos granates e Quique Cubas, polos verdes

Descargar
A trastienda #59

La trastienda #58

Lun | 21:00 | 21:27

Recibimos na Trastienda ao adestrador do Poio Pescamar, Marcio Santos, xunto co preparador de porteiras, Antonio Pena e a porteira internacional do equipo Silvia Aguete.

Descargar
La trastienda #58

La trastienda #57

Lun | 21:00 | 21:41

Falamos na Trastienda da fusión dos dous clubs de rugby pontevedreses para formar o Pontevedra Mareantes Rugby Club. Visítannos os presidentes das dúas entidades fusionadas, Félix Álvarez e Fran Lusquiños, xunto cun dos adestradores, Alberto Fernández, e Ruth Otero, xogadora do equipo feminino que pronto empezará a competir

Descargar
La trastienda #57

La trastienda #56

Lun | 21:00 | 21:33

En La Trastienda falamos de balonmán, con Carlos García Alén e Quique Domínguez, presidente e adestrador do Teucro

Descargar
La trastienda #56

La trastienda #55

Lun | 21:00 | 21:51

Á sexta foi a vencida e o Pontevedra conseguiu a primeira vitoria da tempada. Analizámola en La Trastienda cun ex presidente granate: Gerardo Lorenzo

Descargar
La trastienda #55

A trastienda #54

Lun | 21:00 | 21:49

O momento deportivo do Pontevedra a debate na Trastienda, con tres xornalistas que seguen o día a día do club granate. Visítannos Xaime Nogueira (Diario de Pontevedra), Álex Dávila (Faro de Vigo) e Xurxo Gómez (Faro de Vigo)

Descargar
A trastienda #54

A trastienda #53

Lun | 21:00 | 21:29

Fin de semana para a épica, con distinto final pero boas sensacións xerais. Iso é o que nos deixaron os partidos de Pontevedra, Teucro e Cisne. Na Trastienda analizamos o sucedido nos seus partidos cun xogador de cada equipo: Álex González, Dani Hernández e Dani Tolmos.

Descargar
A trastienda #53

A trastienda #52

Lun | 21:00 | 21:28

Iniciamos tempada na Trastienda e facémolo analizando o frouxo arranque do Pontevedra, pechacancelas en liga e eliminado en Copa, co conselleiro e director deportivo granate, Roberto Feáns

Descargar
A trastienda #52

La trastienda #51

Lun | 21:00 | 21:38

En La Trastienda despedimos tempada e facémolo analizando o realizado polo Pontevedra CF, así como os obxectivos para a próxima

Descargar
La trastienda #51

La trastienda #50

Lun | 21:00 | 21:41

Víctor García Borras "Pillo" e José Luis Pazos son protagonistas de La Trastienda

Descargar
La trastienda #50

La trastienda #49

Lun | 21:00 | 21:40

Os ex xogadores Óscar Guimeráns e Manolo Gago, xunto co cineasta e gran afeccionado granate, Pablo Cacheda, analizan na Trastienda o ocorrido no partido de ida do play-off de ascenso a Segunda División entre Pontevedra e Real Murcia

Descargar
La trastienda #49

La trastienda #48

Lun | 21:00 | 21:31

Tempada histórica para o Poio Pescamar de fútbol sala feminino, que entre copa e copa visita La Trastienda

Descargar
La trastienda #48

La trastienda #47

Lun | 21:00 | 21:54

Celebramos o éxito do Pontevedra coa súa clasificación para o play-off de ascenso a Segunda División tras derrotar á Arandina en Pasarón

Descargar
La trastienda #47

La trastienda #46

Lun | 21:00 | 21:33

Na Trastienda celebramos o ascenso do Teucro a Liga Asobal. Facémolo recibindo ao presidente e vicepresidente responsable da parcela deportiva, Carlos García Alén e Jose Ameijeiras, acompañados de adestrador e capitán do equipo, Quique Domínguez e Carlos García

Descargar
La trastienda #46

La trastienda #45

Lun | 21:00 | 21:39

Analizamos unha apaixonante Terceira División na Trastienda, coas achegas de catro dos seus protagonistas

Descargar
La trastienda #45

La trastienda #44

Lun | 21:00 | 21:21

Despois de confirmarse a súa renovación como adestrador do Pontevedra, recibimos en La Trastienda a Luisito

Descargar
La trastienda #44

La trastienda #43

Lun | 21:00 | 21:27

A vitoria sobre Alarcos Ciudad Real deixa ao Teucro a só tres puntos do ascenso. Analizámolo na Trastienda con Edu Agulló e os xogadores Iván Fernández e Dani Hernández

Descargar
La trastienda #43

La trastienda #42

Lun | 21:00 | 22:00

La Trastienda recibe a visita de Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol

Descargar
La trastienda #42

A trastienda #41

Lun | 21:00 | 21:58

La Trastienda achéganos á figura e ao traballo dos representantes de futbolistas, intermediarios entre deportistas e clubs

Descargar
A trastienda  #41

La trastienda #40

Lun | 21:00 | 21:35

En La Trastienda son "elas" as protagonistas. Recibimos a Chiña Caramés, Loli García e Ana Castillo, tres grandes afeccionadas do Pontevedra

Descargar
La trastienda #40

La trastienda #39

Lun | 21:00 | 21:46

Analizamos o #DerbiDoLérez na Trastienda. Coa participación dos presidentes de Cisne e Teucro e un ex xogador de ambos equipos

Descargar
La trastienda #39

La trastienda #38

Lun | 21:00 | 21:46

Antonio Fernández e David Sierra, adestradores de Villalonga e Ribadumia son os convidados da Trastienda

Descargar
La trastienda #38

La trastienda #37

Lun | 21:00 | 21:37

La Trastienda recibe a Mayte Méndez, adestradora do Arxil e as xogadoras Minata Keita, Arantxa Mallou e Aldara Vázquez

Descargar
La trastienda #37

La trastienda #36

Lun | 21:00 | 21:26

Quique Domínguez, adestrador do Teucro, e o directivo responsable da parcela deportiva, José Carlos Ameijeiras, visitan A Trastienda para analizar o momento do equipo tras sumar 33 puntos dos últimos 34 en disputa

Descargar
La trastienda #36

La trastienda #35

Lun | 21:00 | 21:35

La Trastienda recibe a visita da concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro

Descargar
La trastienda #35

La trastienda #34

Lun | 21:00 | 21:19

La Trastienda recibe a Emilio Soto e Abraham Alonso, os creadores do "Luisito Fan Club"

Descargar
La trastienda #34

La trastienda #33

Lun | 21:00 | 21:25

A presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, visita La Trastienda e analiza todo o sucedido na xunta xeral de accionistas

Descargar
La trastienda #33

La trastienda #32

Lun | 21:00 | 21:34

Xaneiro abre as posibilidades de realizar cambios nos equipos e Roberto Feáns, director deportivo do Pontevedra. visita La Trastienda

Descargar
La trastienda #32

La trastienda #31

Lun | 21:00 | 21:44

Volve La Trastienda despois das vacacións do Nadal, nesta ocasión co adestrador do Pontevedra, Luisito

Descargar
La trastienda #31

La trastienda #30

Lun | 21:00 | 21:28

Pontevedra, Teucro e Cisne finalizaron a primeira volta das súas respectivas ligas con nota alta. Na Trastienda repasamos o conseguido e comentamos as súas esperanzas e posibilidades no que será un esixente regreso á competición, despois das vacacións do Nadal

Descargar
La trastienda #30

La trastienda #29

Lun | 21:00 | 21:40

Falamos de balonmán na Trastienda. Recibimos ao xornalista e xefe de prensa da SD Teucro, Edu Agulló, e aos xogadores Dani Hernández e Ángel Iglesias

Descargar
La trastienda #29

La trastienda #28

Lun | 21:00 | 21:31

Esta semana La Trastienda ten un recordo para Filipe Machado, unha das vítimas do accidente aéreo do Chapecoense, e quen foi xogador do Pontevedra

Descargar
La trastienda #28

La trastienda #27

Lun | 21:00 | 21:38

Edu Sousa e Kevin Presa, dous dos canteiráns do Pontevedra, son os invitados de La Trastienda

Descargar
La trastienda #27

La trastienda #26

Lun | 21:00 | 21:53

Paco, Milucho e Churruca, tres dos integrantes do Pontevedra que consiguiu o ascenso en Eibar en 1984, son os invitados desta edición de La Trastienda

Descargar
La trastienda #26

La trastienda #25

Lun | 21:00 | 21:35

La Trastienda escoita nesta ocasión a voz dos afeccionados. Representantes de peñas e seguidores do Pontevedra debaten sobre a marcha do equipo, as súas posibilidades esta tempada e as accións para tentar incrementar a afluencia e mellorar o ambiente das bancadas de Pasarón

Descargar
La trastienda #25

La trastienda #24

Lun | 21:00 | 21:36

O Pontevedra conseguiu ante a Ponferradina manter Pasarón como un escenario imposible para os seus rivais. Nesta ocasión La Trastienda recibe a visita dos autores dos dous goles granates, Javi Bonilla e Mario Barco

Descargar
La trastienda #24

La trastienda #22

Lun | 21:00 | 21:45

En Pontevedra o balonmán vívese dunha forma especial. Por iso, nunha semana de derbi, La Trastienda recibe aos presidentes de Teucro e Cisne, Carlos García Alén e Santiago Picallo, ademais de unha persoa que como xogador vestiu a camiseta de ambos os equipos, Jose Covelo

Descargar
La trastienda #22

La trastienda #21

Lun | 21:00 | 21:41

Repasamos en La Trastienda os actos realizados para celebrar o 75 aniversario do Pontevedra CF

Descargar
La trastienda #21

La trastienda #20

Lun | 21:00 | 21:45

O faladoiro deportivo de La Trastienda chega nesta ocasión cargada de nostalxia na semana do 75 aniversario do Pontevedra CF

Descargar
La trastienda #20

La trastienda #19

Lun | 21:00 | 21:54

Abordamos os actos previstos para celebrar o 75 aniversario do Pontevedra CF, a denuncia do club a José Manuel Fernández e Milo Abelleira por suposto delito de estafa e a actualidade deportiva, coa vitoria sobre o Racing Club de Ferrol

Descargar
La trastienda #19

La trastienda #18

Lun | 21:00 | 21:36

O faladoiro deportivo de La Trastienda recibe neste programa ao adestrador do Cisne, Javier Rodríguez "Jabato", á xornalista Cristina Prieto, e ao exdirector xeral de Pontevedra, Real Jaén e Mirandés, Elías Espiñeira

Descargar
La trastienda #18

La trastienda #17

Lun | 21:00 | 21:47

O noso faladoiro deportivo de La Trastienda recibe hoxe a un histórico granate como Churruca, ao adestrador do Pontevedra B, Santi Mariño, e ao adestrador de porteiros de Pontevedra, Deportivo e actualmente no Arosa, Jaime García Formoso

Descargar
La trastienda #17

La trastienda #16

Lun | 21:00 | 21:44

Tras a paréntese estival volve La Trastienda, que comeza a súa segunda tempada recibindo a tres invitados que teñen unha característica común: vestir en algún momento a camiseta granate

Descargar
La trastienda #16

La trastienda #14

Lun | 21:00 | 21:46

La Trastienda recibe a dous xogadores, protagonistas dos dous últimos ascensos do Pontevedra. Xunto a eles, un árbitro pontevedrés que apunta alto, un serio aspirante a lograr o ascenso a Liga Profesional

Descargar
La trastienda #14

A trastienda #13

Lun | 21:00 | 21:59

A afección ten o seu espazo en La Trastienda. Tres destacados seguidores granates opinan sobre a actualidade do club e o seu futuro inmediato

Descargar
A trastienda #13

La trastienda #12

Lun | 21:00 | 21:50

Esta edición de La Trastienda convértese nunha entrevista en profundidade co adestrador do Pontevedra, Luisito, para facer balance e falar de obxectivos

Descargar
La trastienda #12

La trastienda #11

Lun | 21:00 | 21:44

Debatemos en La Trastienda sobre as causas do descenso do Teucro e o seu futuro inmediato, co seu presidente, Carlos García Alén, e o directivo responsable da área deportiva, Jose Ameijeiras

Descargar
La trastienda #11

La trastienda #10

Lun | 21:00 | 21:33

A permanencia do Cisne en División de Honra Prata de balonmán ocupa esta edición de La Trastienda, coa visita do presidente, Santi Picallo, e os xogadores Álex Chan e Pablo Galán

Descargar
La trastienda #10

La trastienda #9

Lun | 21:00 | 21:44

Terminada a tempada 2015/2016, recibimos en La Trastienda á presidenta e ao conselleiro e secretario técnico do Pontevedra, Lupe Murillo e Roberto Feáns, para facer balance do retorno á Segunda B, así como proxectos inmediatos no ano do 75 aniversario granate

Descargar
La trastienda #9

La trastienda #8

Lun | 21:00 | 21:47

Tríatlon, piragüismo e atletismo son protagonistas de La Trastienda, coa presenza de Pablo Dapena, Carlos Paz e Ramón Touza.

Descargar
La trastienda #8

La trastienda #7

Lun | 21:00 | 21:42

Nesta nova emisión, La Trastienda aborda diferentes puntos de actualidade desde distintos puntos de vista, con Jaime García Formoso, ex adestrador de porteiros do Pontevedra CF, actualmente traballando coa canteira do Deportivo de la Coruña, o xogador do Cisne, Guille Rial, e o delegado en Pontevedra do Colexio Galego de árbitros de fútbol, Manuel Vidal Araújo

Descargar
La trastienda #7

La trastienda #6

Lun | 21:00 | 21:48

La Trastienda vístese dunha intensa cor granate para recibir a tres convidados que son historia do Pontevedra CF: Luis Rivas, Amador Lorenzo e Rafa Sáez

Descargar
La trastienda #6

La trastienda #5

Lun | 21:00 | 21:37

O balonmán é protagonista de La Trastienda, cos presidentes de Teucro e Cisne, Carlos García Alén e Santiago Picallo, e o adestrador teucrista, Quique Domínguez

Descargar
La trastienda #5

La trastienda #4

Lun | 21:00 | 21:49

La Trastienda recibe a visita do xornalista Adrián Rodríguez e os adestradores David Sierra e Víctor García Borrás 'Pillo'

Descargar
La trastienda #4

La trastienda #2

Lun | 21:00 | 21:33

Recibimos en La Trastienda aos campións que conseguiron o dobrete (Copa e Liga) para o Marín Ence Peixe Galego, co seu ascenso á LEB Ouro de baloncesto.
Descargar
La trastienda #2
Fechar