La trastienda #6
Lun | 21:00 | 21:48
Tres ex xogadores granates son protagonistas do faladoiro deportivo semanal de La Trastienda: Luis Rivas, dianteiro nado en Xeve, que pasou polas filas de Elche e Oviedo, Amador Lorenzo, porteiro de Bueu cun enorme historial, xa que ademais do Pontevedra militou en Real Madrid, Hércules, Barcelona e Murcia, e Rafa Sáez, defensa do barrio da Seca, que no Pontevedra e polo fútbol pontevedrés fixo case de todo. Analizarán o momento actual do Pontevedra e tamén lembrarán anécdotas e vivencias das súas carreiras futbolísticas.