Tribuna Viva
Alcume: Juanito o da Rons, neto do Roque
Estes días cumpríronse 24 anos que o doutor regálarame un traballo sobre os alcumes, unha separata que gardoa con moitísimo agarimo, ao vela de novo vénme ao recordo...
Corrían os anos noventa e levaba xa uns cuantos tendo a amizade do entrañable doutor Días Lema, os nosos encontros eran cada certo tempo no comercio donde eu traballaba, no baixo número 5 da Praza de Curros Enríquez.
Alí comentabamos temas relacionados coa vida local da nosa querida cidade, tanto culturais, deportivas, culinarias, etc.
Recordo que foi no ano 1994 cando o doutor Días Lema recolleu nunha separata publicada polo Museo Provincial un traballo en grao sumo interesante que trataba sobre os motes pontevedreses, onde aparecen personaxes que seguramente moitos deles recordarédelos.
Comentoume que grazas a axuda de uns coñocidos foi recopilando muitisimos apodos que procedían de diversas actividades, referentes o deporte, comercio, dos toros etc.
Estos sobrenomes tiñan o seu orixe normalmente no cabeza de familia e transmitíase os demáis membros, aínda que con algunha excepción, porque había familias as cales tiñan un alcume xeral, pero algún membro da familia podía ter o seu específico. Mentras o doutor me estaba contando todo esto, eu xa tiña na mente os alcumes dos veciños da miña parroquia de Cerponzons, quería facer tamén unha recopilacion.
Daquela xa me entrou un interés por querer saber a procedencia de estos motes que cada un dos meus veciños teñen, eu incluido, e pouco a pouco ir recollendo os que eu recordo, e os que iréi preguntandolle os veciños que queiran colaborar, pois algún habrá que non lle guste o seu e non estén por a labor....
Nunha entrevista concedida no ano 2008 a Elena Larriba, comentaba o doutor que o alcume era o título co que a sabedoría popular designaba a certas persoas para diferencialas e definilas dun xeito enxeñoso, facendo a súa caricatura social, baseándose na súa orixe, na do seu oficio, nas súas actuacións ou nalgunhas peculiaridades persoais, tanto físicas como psíquicas.Polo xeral, aos inmigrantes xa os alcumaba o seu lugar de orixe: Maño, Monfortino, Asturiano, Portugués.
Este último, era o pai do propio Días Lema, que tiña un taller de reparación e venda de bicicletas en García Camba.
Pero tamén cita o caso dun distinguido conveciño, ao que polo seu porte e actitudes xermánicas chamábanlle O Alemán.
Tamén muitos tiñan por alcume o nome da empresa donde traballaba, como Cerra, Gales ou California, mismo a min hai quen me coñoce por Juanito o de Peral.
Nesta entrevista comentaba Días Lema que o caso máis singular que se cita no libro de Motes Pontevedreses é o de Juanito Entra e Verás.
No relacionado o mundo do amor, contaba que nunha relación habíase faltado ao compromiso, e a sabedoría popular puxolle ao protagonista de alcume Alta Traición.
E que decir os alcumes con referencia á virilidade, era mui frecuente escoitar os motes de algún coñocido que non lle gustaba nada que o coñocesen por :
Non a ten, Comeulla o porco ou Sete patacos.
O alcume Sete patacos xurdiu, ao parecer, como resultado dun concurso de lonxitude e o vencedor mediu sete patacos de cobre.
Tamén na separata do Museo fai referencia o doutor a uns alcumes mui curiosos, por exemplo o cabaleiro que sempre andaba paseando cunha fusta na man, quedoulle para sempre "Mi caballo murió ".
Ou daquel gobernador civil que nunha ocasión dixo " Tardo en obras, pero cuando lo hago, lo hago duro" , os veciños acabaron chamando o señor gobernador : El Estreñido.
Tamén houbo no mundo da política un alcalde que se caracterizaba pola súa inoperancia, era coñocido como "Reloj parado".
No artigo de Elena falaba tamén dos carteristas, que eran coñocidos cómo " Moinantes", Días Lema tenme falado deles de vez en cando, dado que cando o doutor preguntaba qué tal andaba o meu xefe é como sabia que había nacido en Lérez pois salía a relucir o tema dos carteristas jajaja.
Seica o máis coñocido era un tal don Adolfito, entre os seus alumnos máis destacados figuraban Cuatro Ojos e Gabechos, que eran capaces de quitar unha carteira aínda apercibindo a persoa qué tiñan diante, a cal non daba crédito de cómo podían facer.
Teño recordos tamén dos alcumes relacionados co mundo do mar.
Aqueles mariñeiros que permanecían moito tempo en terra alcumábaselles "Cagotes", e aos que non saían a pescar fora do porto chamábaselles "Os do caldo", porque non querían deixar de comer o caldo na casa.
Xa vai sendo hora que faga unha relación dos da miña parroquia...
Juan José Esperón