Tribuna Viva
Artigo de opinión da Agrupación do Funcionariado Municipal de Pontevedra
Onte, dia 22 de maio, celebrouse a ononástica de Santa Rita, coñecida por ser festividade local na veciña Vilagarcía de Arousa e tamén por ser patrona dos funcionarios da Administración Local, de feito puideron verse nas distintas redes sociais mensaxes de numerosos alcaldes e presidentes de corporacións felicitando e recoñecendo a labor do seu persoal, así como varios xestos e concesións cara a eles para permitirlles dar visibilidade á celebración.
Ao igual que as salvas disparadas o día de San Fenando ou as procesións marítimas pola Virxe do Carme tratanse de actos simbólicos que serven para recoñecer a labor de numerosos colectivos e que, no caso dos funcionarios de administración local, colaboran cos representantes da cidadanía para que as súas políticas podan materializarse, malia que por realizarse de portas a dentro non se perciba polo publico.
Este ano os empregados do Concello de Pontevedra non recibiron este recoñecemento, e aínda que poda parecer una cuestión sen importancia (somos conscientes que de portas afora pode unha frivolidade) o certo é que para nos si a ten.
Ten importancia porque este silencio prodúcese semana e media despois de que os traballadores municipais mostrasen, mediante diversos actos, o seu desacordo coa política de persoal así como a forma na que a corporación leva a negociación das futuras condicións de traballo.
Pero é máis preocupante porque se produce tras 18 anos de colaboración estreita co grupo de goberno que serviu para implementar as políticas que tantos recoñecementos internacionais estanlle reportando agora á nosa cidade.
Tras as movilizacións pasadas os traballadores municipais agardábamos un xesto por parte da administración, o que non podíamos nin remotamente imaxinar era que ese xesto ia a ser de desprezo.
Asdo:
En representación de AFUMPO
Héctor Santaló Núñez