Marta Rodríguez Engroba
Que vos parece, poñemos a pistola ou o coitelo nas mans dun asasino?
A pasada semana, deixounos de novo a tráxica evidencia de que a violencia de xénero se fai cada vez mais forte, e a súa erradicación xa se nos antoxa non difícil, senón imposible.
Sete novos casos de violencia machista, o derradeiro, por agora, tan só unhas horas antes de escribir este artigo, a cada cal mais salvaxe, como o da muller brutalmente asasinada pola súa ex parella dunha malleira en plena rúa, malia ter interposto tres denuncias, ou o de Toledo, hai, como digo, escasas horas, e no que un menor tamén resultou ferido, deixan claro que as mulleres maltratadas seguen non soamente estando desprotexidas, senón que é obvio que a lacra que tantas vidas se está levando por diante continúa sendo, para a lei, para a xustiza, unha cuestión secundaria, por moito que nos vendan o contrario.
E duas novas que recollían os medios de comunicación hai unhos días penso que avalan perfectamente o que, con moita dor de corazón e con enorme desesperanza, estou a dicir.
Por unha banda, a nai de Nagore Laffage, a que José Diego Yllanes matou nas festas de San Fermín de 2008 por negarse a ter relacións sexuais con el, relataba, entre frustrada, incrédula e furiosa, como o asasino da súa filla está a exercer como psiquiatra nunha clínica de Madrid.
En que cabeza na que haxa un mínimo de sensatez pode caber tal despropósito?.
Como se pode permitir poñer a saúde mental dos pacientes nas mans de quen mata a sangue fría? que clase de xustiza, que leis que din protexer as mulleres, estar a loitar para que deixen de matarnos, permiten tales desmáns?
E non me vale o argumento do seu dereito a reinserción, nin o da rehabilitación, sintoo. Non é xusto nin cabe en cabeza humana basear esa suposta rehabilitación, na que eu confeso que non creo en absoluto, no dano producido a quen teña a desgraza de topar con este desprezable suxeito, porque, obviamente, poñer a quen non ten escrúpulos en matar a traballar na procura da paz de outros.... iso si que é de tolos, ou de quen lle da absolutamente igual que as vidas de moitas mulleres corran un constante perigo.
Por outra banda, soubemos da posta en liberdade do violador da Verneda, tras vinte anos no cárcere, e do que se dí ten elevadas posibilidades de reincidir, xa que non está rehabilitado.
Malia eso, a Fiscalía ordea que se lle faga unha vixiancia "non invasiva", porque xa se sabe, os dereitos de quen mata, de quen maltrata, sempre hai que respetalos, malia que eles desprecen o dereito mais elemental, o dereito a vida, que non dubidan en arrebatar sen o menor titubeo e coa maior das crueldades.
Estos dous casos aos que estou a referirme, son dos máis recentes, pero, desde logo, nin son os únicos nin son escasos os que se dan.
E todos eles reflicten perfectamente a grande, a enorme mentira, que esa protección que nos dín que se nos está a dar as mulleres.
As nosas vidas están a mercé de quen non coñece a sensibilidade nin de lonxe, e aínda moito menos teñen nin unha lixeira idea da realidade da violencia de xénero. E o que é peor. Tampouco lles interesa coñecela.
De velar, supostamente, e aquí o termo supostamente si que é adoitado, non como cando se lle aplica ao que mata a plena luz do día, polas nosas vidas se encargan os que se rixen por unhas leis, ademais de rancias e que, evidentemente, non evolucionaron nin se adaptaron a problemática dos tempos, claramente machistas, que minimizan canto ten que ver coas mulleres, co dano que se nos infrinxe, considerando éste como delitos de segunda categoría aos que non paga a pena prestarlles demasiada atención nin traballar para que non se repitan.
As mulleres, e en especial as vítimas de violencia de xénero, temos que enfrontarnos a un sistema cada vez mais deshumanizado, que nos trata como a obxectos sen sentementos, que convirte a nosa dor en pura burocracia, e que non considera, nin por un momento, con seriedade, como merecemos, aplicar as medidas para protexernos as que temos todo o dereito e que moi poucas veces se aplican.
Somos maltratadas doblemente, Polo noso agresor primeiro e por un sistema que o perdoa, e mesmo o alenta e lle da, coa súa laxitude, coa súa indeferenza, carta blanca para delinquir de novo, para seguir maltratando impunemente, e mesmo para matar.
Un sistema que non soamente non castiga a quen maltrata, a quen asasina, co rigor que sería preciso, senón que cuestiona, cando non culpabiliza as vítimas de tales malnacidos.
Somos nos, as mulleres, as que, desde que escoitamos a primeira ameaza, ou levamos o primeiro golpe, temos que mirar as nosas costas constantemente. Somos nos as que, por moito que denunciemos, estamos condeadas a vivir nun cárcere de medo, sempre en tensión, agardando o próximo ataque, porque sabemos que chegará, seguro.
Claro que chegará, porque a eles, aos que maltratan, aos que matan, si se lles respecta o dereito a unha vida digna, a unha liberdade sen atrancos, e sen que lles negue ningún dereito. Nin siquera o dereito a matar, un dereito que exercen cando lles da a gana porque eles si poden circular pola vida con toda liberdade, sen atranco algún.
Somos nós, as vítimas, as condeadas a agocharnos, a vixiarnos constantemente, e tamén aquí utilizo o verbo "vixiarnos” con total premeditación, porque non son moitas as ocasións nas que esa vixianza é exercida por quen ten a obriga de facelo, se queremos sobrevivir un día mais, un día mais de medo, de indefensión, de sentirnos como auténtico lixo ao que non se valora, nin moito menos os nosos sentimentos. Poida que pensen que nos, as mulleres, non temos diso, ou que precisamente por iso, por ser mulleres, debemos seguir arrastrando o rol de eternas secundarias, de cidadanas de sgunda, as que se pode maltratar e deixar desprotexidas sen escrúpulo algún, porque, xa se sabe que aínda hai quen pensa que as mulleres o que nos toca é aguantar, sexa o que sexa, mesmo que nos maten.
A vista de todo iste negro pero real panorama, eu non podo evitar preguntarme: que ocorriría se estivéramos a falar doutro tipo de delito?
Deixaríamos que alguien que atentou contra un político, por poñer un exemplo, circulara libremente pola rúa con unha arma na man?
Daríamoslle un coitelo a un terrorista que xa perpetrou mais dun ataque e do que se sabe que reincidirá?
Evidentemente, en ambos casos a resposta é non.
Pola contra, ao maltratador, malia que o resultado da súa barbarie fora a morte dunha muller, se lle da cancha, se lle deixa liberdade de acción para que actúe de novo.
E que pasa con nós, as mulleres?
Eu pregaría, a quen corresponda, que, se non nos defenden, se non loitan por nós, con nós, que polo menos non lles poñan nas mans as armas aos nosos asasinos.
É, penso eu, o mínimo que merecemos como persoas, como seres humanos que somos.
Porque nos, as mulleres, non somos as actrices secundarias neste mundo que as veces semella ser de traxicomedia que nos tocou vivir, nin as nosas vidas algo prescindible ao que non hai que prestarlle demasiada atención.
E mentras isto non se faga realidade, e para iso falta moito, nada nin ninguén nos salvará.
Asociación Si, hai saída