Antón Roel Villanueva
O río ao que lle roubaron a luz
Soterrado nun cadaleito de cemento e vergoña pasa un río cheo de vida un treito de seiscentos metros de escuridade sen as raiolas de luz que lles dá vida. Se existe o inferno e os ríos o teñen, para o Gafos é ese tramo de penumbra, como se de súpeto nos quedásemos cegos e roubárannos a luz, que mal faría o río para semellante aldraxe e se o fixo non é suficiente castigo dabondo cuarenta e oito anos de condnea.
Pódesen entender que nos anos setenta, en plena ditadura pese á oposición dos veciños se cometera semellante aldraxe sen que os veciños puidesen facer nada por impedilo, pero agora que non se faga nada por intentar destapalo non se entende pois é un problema de vontade política existen fondos europeos pero hai que pedilos e ter interese en facelo. O estado natural dun río non é estar tapado. Un río é fonte de vida xa dende os tempos cando os leprosos dos que tomou o nome. Lavaban as chagas nas súas augas para poder entrar na cidade. Pódese entener que nunha ditadura se fixese semellante aldraxe como o que se fixo coa ría coa instalación da Celulosas, pero xa é tempo dabondo para intentar destapar o Gafos así como se fai por intentar recuperar a ría co traslado da fábrica.
A Celulosas é un negocio lucrativo para uns poucos e se entende que o defendan ao capital non lle interese sacalo de aí, pois a opinión maioritaria dos veciños que se opoñen non lle interesa e non a escoitan. Que interese ten un río tapado a quen lle molesta que se descubra un río que toda a súa vida pasou por aí ceibe. Nós fomos os que lle roubamos o seu espazo, que dereito temos nós a consentir semellante aldraxe un río igual co mar, a choiva, o sol ou o vento son agasallos da natureza que non pertencen a ninguén e que non somos quen de modificar. O Gafos sempre pasou a carón de nosos antergos que o coidaron e protexeron e nunca se lles ocorreu tapalo, pois foi fonte de vida e prosperidade e o protexían e coidaban para futuras xeneracións. Que dereito temos nós a tapalo se temos a obriga de deixalo, tal como o atopamos e nolo deixaron.
Os que desfurtamos da beleza do tramo agora cuberto do río temos a obriga de decirlles ás novas xeneracións que o paseo actual e que coñecen este feito enriba dun paraíso natural, un verxel en plena cidade, e calquer cidade que lle queira, a natureza faría todo o posible para recuperalo, é moi egoísta dos que na nosa infancia e xuventude desfrutamos dese tramo do río, privar os que non o coñecero de gozar da beleza dun río de tanta beleza tan preto de nós.