Tribuna Viva
Crime machista en Murcia
A asociación Si, hai saída manifesta a súa condea ao tratamento que certos medios están a dar ao asasinato machista de Murcia, así como a alarma ante a escasa prevención ante posibles casos de violencia de xénero.
Dende a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, e, a raíz do crime machista cometido en Murcia, no que unha muller foi salvaxemente acoitelada pola súa parella, queremos manifestar o noso rexeitamento mais contundente ao tratamento que se lle está a dar a tan brutal asasinato en diversos medios de comunicación,con titulares como "MUERE UNA COLOMBIANA EN MURCIA", que constitúen, na nosa opinión, non soamente unha grave ofensa tanto a esta muller como a todas as vítimas de violencia de xénero, senón que deixa ben patente a percepción que ainda hoxe , lamentablemente, se ten desta terrible lacra, obviando, unha vez máis, que esta muller, como todas as que a precederon, e as que,por desgraza, case con toda seguridade, a seguirán, non "morreron", senón que foron asesinadas do xeito máis cruel.
Pouco hai que dicir, porque pensamos que é obvio, da falta de ética e nula sensibilidade coa que refricten un crime destas características, dun xeito totalmente amarillista e carente de todo respecto, ademais, como xa ven sendo habitual, da mención, totalmente innecesaria, claramente discriminatoria e ata xenófoba, malia que queremos pensar que non é esa a intención, da nacionalidade da vítima. Ela é, nin máis nin menos, unha muller asasinada .
Así mesmo, queremos deixar patente a nosa preocupación e facer, como xa o manifestamos noutras ocasións, unha urxente chamada de atención, ante o, no noso xuizo, gravísimo feito de que esta muller acudiu a solicitar información, supostamente sobre o proceso de divorcio, ao Equipo Municipal de Atención a Violencia de Xénero, e, máis grave ainda, din que acompañada e orientada por un profesioinal de Cruz Roja, sendo obvio que semella que ninguén foi quen de detectar nin o máis mínimo sinal do inferno que esta muller estaba a vivir, argumentando como xustificación que ela non manifestou en ningún momento ter sido vítima de violencia de xénero, conducta que é unha pauta común de prácticamente todas as mulletes que están a ser maltratadas, que tentan solapar a súa situación, e que require, ademais de profesionalidade, unha considerable psicoloxía e empatía para detectar a súa situación e animala, pouquiño a pouco, a que fale, o que non é, por suposto, doado, e para o que hai que empregar moita paciencia, ademais, por descontado, de, unha vez detectada esta situación, tomar as medidas pertinentes, ou, dito doutro xeito, poñer en marcha os protocolos existentes, algo que é obvio que neste caso, como en moitos mais, non se fixo, co fatal desenlace que todos coñecemos.
É intolerable que, neste caso, como en tantos outros, non se tiveran, polo menos aparentemente según o publicado, en conta ningún destos factores, o cal nos fai incidir, unha vez máis, en algo que xa manifestamos en reiteradas ocasións: a necesidade imperiosa de facer unha selección sumamente rigorosa de todas as persoas que, de un ou outro xeito, traballan con vítimas de violencia de xénero, e, revisar e mesmo modificar, se isto fora oportuno, os criterios empregados para tal selección.
Estamos a falar de vidas, vidas que non se salvan soamente con burocracia e ocupando despachos. A loita contra a violencia de xénero e a axuda as súas vítimas vai moito mais alá de cumplir o expediente, e quen non teña a capacidade ou a sensibilidade para facelo así, debería ter a honradez e a conciencia de recoñecelo e non xogar con algo tan serio como é a vida de seres humanos.
Asociación Si, hai saída