Tribuna Viva
Opinión da Asociación de Veciños de O Chedeiro sobre as obras no Local Social de Cerponzóns
Ante a situación vivida fai uns días na contorna do noso Local Social de Cerponzóns, queremos dar a coñecer o noso punto de vista.
Desde o momento en que esta directiva da Asociación de Veciños O Chedeiro está á fronte de devandita Asociación temos sempre presente a defensa dos intereses xerais da parroquia. Desde que fomos elixidos para levar a Asociación estamos en contacto co Concello de Pontevedra e con outras Administracións que segundo o tema a tratar, temos que facer de portavoces para solucionar os asuntos que compiten a cada unha.
Con respecto ao Concello de Pontevedra queremos puntualizar varias cousas:
Así como aplaudimos e agradecemos moitas das obras e colaboracións que recibimos por parte das distintas Concellerías, hai outras cousas que se realizan na que baixo o noso punto de vista non é de noso agrado.
Por exemplo é o caso da realización das obras do contorno do Local Social. Desde o primeiro momento en que se presentou o proxecto e pedíusenos opinión, a nosa postura foi que víamos necesario empregar parte do orzamento no arranxo dos dous locais da antiga escola, dado o estado en que se atopa.
A nosa proposta era clara: deixar a parte dianteira do antigo colexio ao mesmo nivel que estivo sempre, creando unha praza con opción a poder aparcar nos días de reunións, charlas, cursos, etc., debido á falta de prazas de aparcamiento.
A Asociación de Veciños argumentou a súa postura en contra, a nosa oposición tiña fundamentos claros, pensamos que non era un investimento prioritario para a maioría dos veciños.
O modelo urbano que se quere implantar no lugar non é acorde co modelo de vida debido a donde está localizado o Local Social para implantar un sistema peatonal, este sistema baixo noso parecer non se adapta ás necesidades dos veciños.
Tamén temos que dicir que a maioría dos que representaban naquel momento o Consello Parroquial aceptaron a proposta presentada polo Concello de Pontevedra, tendo só en contra o noso voto e a de dous veciños máis.
Ante estes feitos queremos facer visible o noso desacordo en como está formado o Consello Parroquial, onde a participación cidadá por parte dalgúns veciños que supostamente son os representantes de cada lugar da parroquia e onde terían que dar parte do que se aproba en cada Consello aos veciños que representan, vemos que non levan a cabo as súas funcións baixo o noso punto de vista.
Tamén queremos transmitir o noso malestar ao ver que o voto dun representante dun lugar da parroquia vale o mesmo que o da Asociación que representa a unha gran maioría de veciños de toda a parroquia e aos cales temos que render contas e defender as súas opinións ante as institucións.
Para noso entender, visto o que ocorre nos Consellos Parroquiais, estes debesen estar compostos polos directivos dos colectivos da parroquia, á fin e ao cabo somos os que estamos todos os días en contacto coas Administracións e representamos a toda unha parroquia.
Pola nosa banda pensamos que non podemos consentir que nun Consello estén veciños que vaian a defender os seus intereses particulares, non pode valer un voto de unha persoa o mismo o que representa a todo un colectivo por ter en algún momento un interés particular.
A nosa Asociación cre no movemento veciñal, e será a primeira en aplaudir todo o que se faga para ben da parroquia en xeral e tamén seremos os primeiros en criticar o que non sexa aprobado pola maioría dos nosos veciños.
Asc. Veciños O Chedeiro de Cerponzóns