Tribuna Viva
In memorian: Javier Vidal Redondo
Debido ao falecemento de Javier Vidal Redondo, tan querido por min, quero expresar por medio deste medio os meus sentimentos cara a él.
Escribir nestes momentos sobre a morte dun amigo, dun amigo moi querido faise moi duro, non me esperaba eu o luns que a chamada de Pachi ía ser para darme tan triste noticia.
Os meus ollos empañados e o meu choro por tan inesperado acontecemento fixo que a miña dona sobresaltásese e toda nerviosa preguntábame que estaba pasando, como puiden comuniqueille o falecemento do seu querido tío Javier.
Cando chegan estes momentos, momentos que non queres que cheguen nunca, escribir sobre a morte dunha persoa que foi parte da túa vida convértese nunha válvula de escape de tanta emoción que teño contida.
Javier ademáis de ser o meu tío político, era para min un gran amigo e sei que tamén o foi de moitas persoas máis, era ese amigo de cuxa amizade habémonos enorgullecido moitos dos que o coñocimos e tratado e cuxa perda moitos sentimos nestes momentos.
Javier foi un gran marido, un pai orgulloso dos seus dous fillos, o mellor avó do mundo, un irmán querido e non dubido que foi tamén un fillo exemplar. Foi todo iso e máis, no familiar, no profesional e nos cargos que desempeñou en clubs deportivos é entidades.
Tería moito que escribir sobre os momentos vividos con Javier , coa súa amada Mary e cos seus fillos, véñenme á miña memoria tantos recordos que me levan a sentir unha enorme tristeza a súa perda.
Tanto a súa dona como os seus fillos poden estar moi orgullosos, Javier foi ese tipo de home que deixan pegada, e por iso nunca se van do todo, a súa memoria non se apaga nin se perde e seguirá vivindo no noso corazón de cada un de nós que hoxe o choramos.
Hoxe estou triste, pero á vez contento por haberche coñecido e poder ter a túa amizade e agarimo ao longo de todos estes anos, ti fuches para min exemplo de vida.
D.E.P.
Juan José Esperón Recarey