Pedro De Lorenzo y Macías
Lembranzas do meu pobo "Maruxa, a leiteira"
Sendo cativo, escoutei unhas verbas, nas que falaban da Maruxa. A xente, xa d’exaxeración, xa de moito conto, envolveron ao personaxe na realidade e na ficción.
"MARUXA A LEITEIRA"
Fotografía: @ Xoán Arco da Vella
Naceu a primaveira, rebuldeira, inqueda, revoltosa e excitante, seria e reservona. Érguese tardía e acaramela ó sol; iste, pavoneándose, esgota a súa calor, deixando o atardecer xélido.
Ista primaveira é apaixonada...; pasea risoña, coqueta, leda; de súpeto entristécese d’amor e chora...., as súas bágoas empápano todo, irrita ós ventos, que violentos, azoutan á terra.
A aldea desperézase dun inverno duro e longo. Está situada na ladeira do Arcibal, a súa parroquia é San Andrés de Xeve. As súas casiñas están espalladas, pero en cada recodo hai unha taberna, que vende de todo: Chámanlle "as trece estacions". O Galo, co seu esporón de machista e fero, con pulmón de Pavarrotti, estremece a tódolos durmentes.
Maruxa é leiteira e dedícase ó troco. Érguese moi cediño, colle o seu leite e cárgao nun carriño, recolle os ovos e os caldeiros. Xa preparado o vehículo, engáncha a un burriño, pequeno, fraco e maleducado. Rifa con o burriño, pois no estaba pola labor: "Imos, cabrón. Déixate enganchar ou mólete a paos".
Xa vai Maruxa coa súa compaña polas corredoiras, recollendo nas facendas leite, ovos, e encargos dos seus veciños. No sabe ler, mais no se lle escapa ninguna, nin erra nos recados, nin nas contas. É unha muller sá e traballora.
É moi relixiosa. A caron dunha fonte ía bautizando a leite, dándolle forzas no seu caudal. Á volta da curva espera O Dionisio, viúvo, que lle fai carantoñas. Recólleo, e collidos das mans, van tan embebecidos que a xente rise ó velos pasar.
Non poden casar, porque os seus fillos así o queren. Ámanse ás agachadas, pero é un segredo a voces e purificado cos bafos das tabernas.
O Mosteiro de San Bieito, no Lérez, é moi antergo, de estilo románico; foi unha abadía. Entra e chega a carón dunhas árbores, mete o dedo na leite, cátala e atópola anémica.
¡Xusto remedio! Mexa ben "Unha boa mexada" nos cántaros do leite. Ista fermenta, collendo corpo. súa leite é moi afamada na vila de Pontevedra.
Xa, no Ponte do Burgo, a xente peléaxe por mercarla, mais ela dilles: "Non podo, xa está mercada". Hai poxas e loitas pola nutrida leite.
Maruxa pensa e fai contas. ¡Xa! Hai cartos, e moitos. Vende e segue seu camiño, coa súa conciencia repousada.
Os nenos de antonte criáronse fortes e sans, grazas os mexos da Maruxa. O alcalde lanzou un bando loando a boa leite que trocaba a muller.
Pedro de Lorenzo y Macías.