Marta Rodríguez Engroba
Custodia compartida e violencia de xénero. Cando a dor se converte en espectáculo
Eu comezo a pensar que teño que asumir que os anos están a pasarme xa factura seriamente e que esa é a razón pola que teño na mente unha maraña que cada vez se lía mais e mais.
De non ser así, algo moi grave está a acontecer, non me cabe dúbida, e ambas posibilidades, cada unha no seu contexto, son para min tremendamente preocupantes.
Hai dous conceptos (bueno,realmente moitos mais, pero hoxe vou cinguirme aos que están mais de actualidade nestes días) que eu sempre considerei que tiña moi claros, pero dos que, agora mesmo, escoitando o que escoito, e vendo o que vexo, comezo a pensar que non teño nin idea.
Por unha banda, está o tema da custodia compartida. Tanto eu a nivel persoal como desde Si, hai saída, o colectivo de axuda as vítimas de violencia machista que presido, rexeitamos do xeito mais rotundo que un maltratador poida nin sequera achegarse aos seus fillos. E obvio que un ser desta calaña non soamente nunca será un bó pai, senón que pode representar un mais que probable perigo para as crianzas, como xa se demostrou tráxicamente en mais dunha ocasión.
Eu penso que a lei tería que ser revisada e actuar dun xeito moito mais rigoroso e contundente, tanto a hora de castigar aos maltratadores polos seus deleznables delitos como para protexer aos menores, vítimas da situación de violencia e de terror que se ven abocados a vivir e dun sistema que non nos protexe e chega a poñer en non poucas ocasións as súas vidas en peligro deixándoas a mercé dun verdugo.
Pero, por outra banda, non son quen de entender a aquelas persoas ou colectivos que dicindo defender o mesmo que eu acabo de expoñer e velar polo benestar dos menores, non dubidan en apoiar, secundar e mesmo fomentar toda clase de circos mediáticos que de cando en vez se chegan a xerar arredor dunha destas penosas situacións, malia ignorar a realidade do problema e baseándose soamente nos titulares e nas arengas de aqueles que din, e o que ainda é peor, pensan, estar na posesión da verdade mais absoluta?
Como poden dicir que a súa prioridade é o benestar dos nenos cando non dubidan en apoiar que sexan expostos do xeito mais inhumano, facendo que se convirtan en vítimas por partida dobre, xa que, ao drama provocado polas leas dos seus pais se engade o de verse no punto de mira de todo o mundo, chegando a facer do seu sufrimento un espectáculo?
Como alguien que dí velar, preocuparse, por unhos nenos non son quen de pararse a pensar que ese non é o camiño, que non soamente non están axudando, senón que están empeorando unha situación xa suficientemente viciada?
Ou é que acaso, facendo seu aquel refrán de a río revolto, ganancia de pescadores, aproveitan a desgraza allea para facerse escoitar, deixarse ver e tentar solapar que a súa suposta loita pola muller, polas crianzas ou contra a violencia machista é soamente eso, suposta, porque fora dos actos públicos, dos berros e das consignas, non hai nada mais?
Poida que o sistema non sexa xusto, de feito non o é, pero tampouco o é que ninguén se aproveite da vulnerabilidade allea, dunha vontade mermada pola dor, para facer a súa particular promoción, disfrazada, eso sí, de ideais e conviccións.
Falan, ademais, de liberdade, de dereitos, de non deixarse someter, pero non teñen o menor reparo en lapidar sen piedade a quen non comparte as súas ideas, pouco afortunadas moitas veces na miña opinión, e que non comparto, pero que respecto, malia que non se me corresponda do mesmo xeito.
En definitiva, como decía ao comezo, as miñas ideas semellan estar cada vez mais confusas. Non son quen de entender que se lle chame axuda é solidaridade ao que en realidade é un cúmulo de despropósitos, e ainda menos entendo que, como se de una abdución colectiva se tratase prácticamente ninguén sexa quen de ver o que é obvio, que a dor dunhos é o negocio de moitos.
Unha mágoa e unha indignidade, pero unha realidade.
Asociación Si, hai saída