Victoria Portas
Ou como ou suscribo un plan de pensións?
En 2013 Fátima Báñez convocou a un "comité de expertos" co obxetivo de diseñar unha reforma que se anticipe as tensións financieras do sistema a medio prazo. Dito comité de expertos, formado principalmente por CDA (Asociación de entidades aseguradoras de España) recomendan por un lado a potenciación dos plans de pensións privados e a utilización de duas ferramentas novas como son o Factor de Sostenibilidade e Índice de Revalorización.
O famoso Comité de Expertos da Ministra Fátima Báñez realiza un informe no cal se nos recomenda que as novas xeracións realicemos Plans de Pensións como medida para poder obter, unha vez chegado a nosa xubilación una pensión digna.
O profesor de economía da London School of Economics, Nicholas Barr, decía que "elexir un plan privado de pensións é caro" e arriscado. É costoso e temerario porque nos países como España, "nos que gran parte do traballo é temporal e a tempo parcial, hai moita xente que se queda fora dun sistema privado, tanto porque é moi caro para o usuario como é antieconómico para as empresas" recomendaría que únicamente "quén sexa rico o suficiente pode facerse unha pensión a medida, pero non deben ser o modelo para todo o mundo"
Deixando claro que as institucións financieiras non son responsables do pago das pensións, sino que se dedican únicamente a xestionalas para os pensionistas, son as persoas que o contratan, as únicas que corren o risco de que dito fondo non teña rendimento, se devalúe ou perda porque non poida contribuir por falta de medios para manter as aportacións que periódicamente se requiren e tamén existe o risco dunha mala xestión ou corrupción, como o caso de Enron e outras xestoras onde as pensións se esfuman.
E sobre a rentabilidade dos mesmo fálase nun estudio do Prof. Pablo Fernández do IESE, (plans de pensións en España entre 2001 e 2011), as conclusións son aterradoras; entre decembro de 2001 e decembro de 2011, a rentabilidade do IBEX35 foi do 4,3%, e a dos bonos do Estado a 10 anos do 5,13%. De entre os 532 fondos de pensións con dez anos de historia, só 2 superaron a rentabilidade dos bonos do Estado a dez anos; só 3 superaron o 4% de rentabilidade; e 191 tiveron unha rentabilidade promedio ¡negativa! A súa vez, os 191 fondos con rentabilidade negativa tiñan, en decembro de 2011, 1,7 millóns de partícipes e un patrimonio de 6.246 millóns de euros. O decepcionante resultado global dos fondos débese as elevadas comisións, a composición da carteira e a la xestión activa.
Si toda esta información a trasladamos o tipo de sociedade que temos neste momento no noso país onde os xóvenes emigran, as tasas de desempleados en persoas xóvenes superou o 50% no 2014 , onde a tasa de desemprego total está en 20.90 % no 2015, e donde (INE e Foesa), desvelan que ata en 2,2 millóns de fogares, o sustentador principal é unha persoa con unha prestación de xubialción, ¿con qué cartos se poden suscribir ditos plans de pensións?.
E si houbera ese superávit nas familias e xa que o propio sistema de seguridade social non ten ingresos suficientes para facer fronte as pensións actuais e futuras, ¿non sería mellor que en vez de fondos de pensións privados aportásemos o propio sistema de seguridade social? ¿cal é o interés do goberno en que quitemos cartos do propio sistema e dalo por insostible e si dárllos os grandes capitais?
As reformas españolas incluen, sobre todo medidas de tipo paramétrico (aumento da idade de xubilación, do número de anos cotizados para alcanzar o 100% da pensión, do periodo de cálculo da base reguladora, etc.) e, como novedade un mecanismo de axuste automático a esperanza de vida: o factor de sostenibilidade.
Mentras no conxunto da UE ademáis de reformas paramétricas, levanse a cabo non paramétricas, e dicir, que os pensionistas pasan a soportar unha parte do risco do envellecemento. As medidas son de sustitución parcial do sistema de reparto polo de capitalización, cambio hacia un sistema de contas nocionais, vinculación automática de algún parámetro relevante do sistema de reparto a evolución da esperanza de vida ou da situación económica.
Polo que si observamos as medidas realizadas na UE e as xa realizadas por España vese perfectamente cal é o camiño que o goberno vai realizando como intermediario dos grandes capitais e por directivas claras da UE, ¿pero produciuse o vaticinado e valeron as respostas das reformas?
Se tomamos conxuntamente todas éstas reformas, principalmente 2011 a 2013, atopámonos con que ni o aforro que o goberno intentaba encontrar con ditas reformas se produciu, como tampouco os déficits son reais, nin as catástrofes preditas, afortunadamente, ocurriron. O que ocorre é que as pensións sí que perderon poder adquisitivo levando os nosos pensionistas a situacións drásticas.
A nova lexislación obriga a traballar máis anos e a cotizar máis tempo para cobrar unha prestación que estará sempre por baixo dun mínimo de benestar social. Podemos ver como en 2015 o 30% das pensións percíbense con complementos a mínimos- e recordemos que xa non está garantido o importe mínimo, senon o equivalente as prestacións non contributivas (2013)- sendo novamente as mulleres quen máis pensións perciben en tan escasa cuantía, un 63.37 % sobre o total de pensionistas que perciben complementos a mínimos.
¿É o obxetivo destas reformas a partir de agora, ir reduciendo paulatinamente as pensións sin que a población apenas se dé conta?