Marta Rodríguez Engroba
Reivindicar? Según e para quen. Aínda hai clases
Cada día que pasa, desde que comecei a miña andaina con Si, hai saída, e seguindo un proceso que discorre dun xeito claramente contrario ao que se consideraría lóxico, xa que se supón que a todo se acostuma un, de día en día aumenta o meu estupor, e, por que non dicilo, xa que as cousas hai que chamalas polo seu nome, creo eu, a miña decepción pola como mínimo peculiar escala de valores que se dan nisto que din é activismo (a estas alturas eu xa teño algo máis que dúbidas de que certas accións merezcan nin de lonxe tal denominación, malia que sei que non se pode facer extensivo a todos) e mesmo no eido político, así como polas diferentes variñas de medir que se aplican, e das que hai un amplo catálogo de tamaños, según a que ou a quen se lle apliquen.
Hai causas que desde o minuto cero no que fan a súa aparición nos medios de comunicación, e con lanzar sinxelamente un titular acerca das mesmas e escoitar as declaracións dalgunhas persoas que semellan sabelo todo sobre o asunto en cuestión, conseguen remover conciencias, ou algo así, porque o termo conciencia debería ser utilizado con moita prudencia, e provocan unha auténtica movilización social, movilización que poucas veces se basea na información completa e verídica, senón en datos bastante sesgados e en versións que son de todo menos obxetivas, pero si atractivas de cara a o tirón mediático e moi útiles para quen busca a promoción e o lucimento fáciles a costa das desgrazas alleas, que o fin xustifica os medios, seica.
De xeito case inmediato comezan a sucederse as mobilizacións, as roldas de prensa, e, por suposto, unha reacción social de colosal magnitude que, principalmente de xeito virtual, manifesta a enorme implicación e o incondicional apoio de todos aqueles que a promoven e dos que participan nela e lanzando, en non poucos casos, auténticos dardos envelenados contra quen non opina coma eles e pide, sinxelamente, prudencia a hora de manifestarnos sobre o que, por moito que nos custe recoñecelo, descoñecemos en gran parte.
Pero, por outra banda, están as causas que, malia a súa gravIdade, pasan sen pena nin gloria, e despois do estupor inicial e dun simulacro de indignación que adoita a non pasar diso, de simulacro , quedan relegadas a o esquecemento máis absoluto, malia ser a manifestación máis dramática e tremenda do horror, do salvaxismo.
As últimas semanas deron cumprida mostra do que estou a dicir.
En menos dun mes, duas nenas foron salvaxemente asasinadas. A Naiara de doce anos, e a Sara, de catro, lles arrebataron a vida do xeito máis brutal, atopándose nos corpos das dúas cativas algo máis que evidencias do sufrimento que padeceron nas súas curtas vidas.
En ambos casos, esas mortes puideron ser evitadas, e se fixo máis que patente que un sistema claramente ineficaz e viciado, coas súas demoras, co seu ollar a outro lado, e coa súa habitual e letal dinámica de ir trasladando responsabilidades duns a outros, sen que ninguén chegue a asumilas coa axilidade e a contundencia que requiren, contribuiron a matar as dúas nenas, convertíndose porén, en cómplices dos autores materiais dos crimes.
Pero para Naiara, para Sara, non se organizaron mobilizacións. Tampouco campañas vía redes sociais clamando xustiza, nin, por suposto, activistas e políticos se manifestaron.
Pola contra, despois dos respectivos cariacontecidos minutos de silencio para a foto de rigor, correuse un tupido velo, e a outra cousa, que do que non se fala, non existe, mesmo cando se trata de algo tan abominable coma o asesinato de duas nenas.
Que curioso e que maligno ese tácito pacto de silencio sobre o que non interesa remover e que conciencias tan selectivas, que activismo tan peculiar, que ante dúas vidas tan prematura e salvaxemente truncadas non tuveron nada que dicir! O que son as cousas, Naiara e Sara non están na casa de ninguén… nin, polo que se ve, no pensamento.
Así as cousas, permitídeme que manifeste as miñas dúbidas sobre certas reivindicacions, sobre quen as promove e as secunda e que deixan ben patente que as hai de primeira, de segunda, e de quen sabe cantas categorías máis, porque mesmo para eso, para reivindicar, tamén hai clases.
Ah, e non quero rematar sen decir que Sara e Naira, si están na miña casa, e, sobre todo, no meu corazón.
Asociación Si, hai saída