Marta Rodríguez Engroba
E se celebramos o orgullo de ser persoas?
Xa sonou o pistoletazo de saída para unhos días ateigados de actos e celebracións cos que se tenta visibilizar o colectivo LGTBI, os non poucos problemas cos que se atopan por culpa da sempre maldita intolerancia, dos prexuizos envelenados, e reivindicar os seus dereitos.
Vaia por diante que eu non estou para nada en contra destas celebracións, pero, do mesmo xeito, teño que admitir que a miña opinón con respecto a elas non é de todo favorable.
Pode que, unha vez mais, esté facendo honor a esa manía que dín que teño desde ben pequena de levar a contraria e cuestionar moitas desas cousas que se consideran incuestionables. Xa se sabe, quen tuvo, retuvo, e abofé que eu o levo a práctica, pero insisto, algo non teño claro en todo este desplegue festivo.
Por unha banda, enchésenos a boca dicindo que a condición de lesbiana, gay, bisexual, transexual ou intersexual é algo normal, natural, porque, claro, presumir de tolerancia de boca para fora é moi doado, e ademais, non supón compromiso algún. Ademais, poñerse unha careta de aperturismo, presumir de mente aberta, pode sernos moi útil para introducirnos en según e qué eidos. Outra cousa ben distinta é facer esto efectivo na nosa vida diaria.
Por outra banda, ano tras ano, asistimos a unha sucesións de festas, espectáculos, arengas e manifestos cos que se pretende, seica, normalizar o que estamos a dicir que admitimos con toda naturalidade.
Non entendo nada. Se realmente estamos convencidos de que é algo natural, que necesidade hai de todo esto?. Seguramente serei moi xustiña de mente, pero non creo que sexa coherente.
Acaso temos os heterosexuales que manifestarnos para reivindicar a nosa condición sexual? Por suposto que non!. Pero claro, xa se sabe, a nosa opción é a "correcta". Nos emparellámonos "como é debido", e deitámonos con quen corresponde.
Eu pregúntome unha e outra vez, quen dictou as normas?. Quén se cre con dereito a sentenciar o que está ou non ben?.
Para min ser gay, lesbiana, transexual, bisexual ou intersexual é algo totalmente natural, o mesmo que ser heterosexual. Unha opción como calquera outra. Un dereito como calquera outro.
O triste é que, ainda a estas alturas, as persoas que se decantan por algunha destas opcións se lles faga crer que son diferentes, raras, que teñen un problema, e mais triste ainda é que cheguen a asumilo, mesmo as veces con tráxicas consecuencias a o sentirse xulgadas, rexeitadas, e sen ser, porén, quen de decatarse de que os que teñen o problema son esas mentes pechadas, prexuisozas, hipócritas e, na maioría dos casos, con moitas, moitas frustracións.
Francamente, eu non me vexo bailando nunha palestra para reivindicar a miña opción sexual, nin me gustaría que ninguén o fixera por min.
O que desexo é unha sociedade coherente, respectuosa coa vida, cos desexos, coas opcións de cada quen.
Quero poder amar a quen me pete, que os demais tamén o fagan, sen que nos sinalen, sen que nos poñan etiquetas.
Quero facer e que me fagan a mellor das homenaxes, a de aceptarnos tal como somos.
A homenaxe de aceptar con total naturalidade o que é natural, sen hipocresías, con mentes abertas de verdade, non soamente de cara a galería.
Non quero, en definitiva, celebrar o día do orgullo LGTBI. O meu maior desexo é que todos celebremos, e de corazón, o día do orgullo de ser persoas.
Asociación Si, hai saída