Marta Rodríguez Engroba
Ah, que vostede é maltratador... desculpe, pensamos que era pobre!
Mentras a tráxica lista de nenos e nenas asasinados polos seus pais, maltratadores recoñecidos, durante as visitas e os períodos vacacionais que eso a o que se lle chama xustiza lles concede, porque, xa se sabe, a un pai, por moi maltratador que sexa hai que respetarlle os seus dereitos, malia que eso supoña unha especie de xogo da ruleta rusa para os menores, co espeluznante resultado en non poucas ocasións que todos coñecemos, estamos a asistir, eu polo menos con gran impotencia e moita carraxe, a outro fenómeno que non é senón a demostración de que neste pais o concepto xustiza nos ven grande, moi grande, e que a lei, lonxe de protexer a os mais vulnerables, e axudalos a acadar unha vida digna, algo que é un dereito, non unha esmola, se ceba con eles e os castiga, e moi duramente, pola súa vulnerabilidade.
Estou a referirme a eses nenos e nenas que non son maltratados, nin tampouco viven cada día nos seus fogares o inferno da violencia de xénero. Nenos e nenas que son queridos, protexidos e felices no seu núcleo familiar, pero que un día son brutalmente arrancados del porque, seus pais, case sempre por mor da crise, do desemprego, algo, que por certo, nos pode acontecer a calquera, ven como a súa vida, unha vida na que seguramente non nadarían na abundancia, pero non carecían do mais necesario, da noite para a mañá se desmorona, e vense, con unha inmensa sensación de dor e de fracaso, na obriga de solicitar axuda , económica na maioría dos casos, a os servicios sociais.
Nese momento, a Administración decide que os menores están en risco, e. lonxe de proporcionarles a seus pais os mecanismos e a axuda precisa para tentar sair da súa precaria situación, lles aplica o castigo mais cruel e mais inhumano que se lles pode inflixir, arrebatarlles a os seus fillos, denominando, eso si, de xeito moi políticamente correcto, a tal falta de humanidade, "expediente de desamparo de menores", un "expediente" que implica non soamente a desgarradora separación de pais e fillos, posiblemente, ademias, de xeito irreversible, senón que pode chegar a traducirse na adopción dos nenos por parte doutras familias "con posibles".
Eu pregunto, hai dereito a isto?.
Como se pode permitir que a un malnacido que reiteradamente maltrata, e que, obviamente, é un risco mais que probable para os seus fillos, se lle otorguen todos os dereitos e que, pola contra, e do xeito mais demencial, se prive a unhos pais dos seus fillos, e viceversa, porque, nun momento dado a vida lles deu as costas?.
Qué clase de sociedade é a nosa, que en lugar de axudar, de traballar na procura dunha dignidade, dunha calidade de vida, que non son, e me reitero, unha esmola, senón un dereito incuestionable de todas as personas, cébase con aqueles que o están a pasar peor e os castiga con ensañamento por non estar a súa hipócrita altura?.
O certo é que a miña pregunta e puramente retórica. É obvio que, neste pais noso, ser maltratador é, case, case, anécdota, malia que custe vidas, pero ser pobre…..Ai, amigos e amigas, ser pobre non ten perdón!.