Ernesto Vázquez-Rey Farto
Un edificio para Castelao
Os arquivos son unha fonte inesgotábel de recursos. Pola diversidade e cantidade de datos que almacenan adoitan ser fiel reflexo das traxectorias, en calquera das nosas faces, e tamén testemuñan o valor das palabras, especialmente cando os documentos conservados collen forma de correspondencia ou de diarios.
No Museo de Pontevedra conservamos unha carta enviada en 1964 a Filgueira Valverde por Virxinia Pereira Renda, viúva de Castelao, na que con total sinceridade, ademáis dun grande sentido da responsabilidade, di:
"Mi distinguido amigo:
Creo interpretar fielmente el sentir de mi llorado esposo y cumplir un deber de gratitud hacia ese Patronato del que fue miembro fundador al ofrecer al Museo de Pontevedra el conjunto de sus apuntes, dibujos, originales y los libros de su pequeña biblioteca, asegurando así que lo mejor de su obra quede reunido y en esa ciudad, donde precisamente fue producido. Al propio tiempo, cedo los derechos de edición y los que pudieran caber para la reivindicación de lo que fue incautado. Mi situación no me permite, como fuera mi deseo, hacer donación de todo ello; por eso acepto la cantidad de trescientas mil pts.
Le ruego reciba y transmita a los miembros del Patronato el testimonio de mi consideración y afecto."
En 2005, cando o pleno da Deputación de Pontevedra debatía a modificación dos Estatutos do Museo -daquela Organismo Autónomo Local-, César Mosquera, hoxe vicepresidente da institución provincial, estaba satisfeito por ter chegado ao acordo de "crear dentro do Museo […] un Museo Castelao, ou sexa potenciar ó máximo a figura de Castelao que é o galego contemporáneo máis notable e que temos a inmensa fortuna de que todo o seu patrimonio, todo o seu legado, case todo, estea dentro do Museo" polo que o BNG votou a favor dos novos Estatutos "agardando que esto serva para recuperar o espírito co que naceu o Museo, nos anos 20 de Pontevedra".
Sen entrar, pois, na cuestión da autonomía do Museo, que é a razón principal da súa situación actual, non é comprensíbel que a Deputación Provincial de Pontevedra non tramite a petición formulada pola Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, en orde a denominar Edificio Castelao o sexto Edificio do Museo, xa que é alí onde se exhibe -en dúas salas- a obra máis significativa do autor rianxeiro.
Filgueira Valverde deixou escrito o propio día:
"Querido [Francisco] Javier [Sánchez Cantón]:
[...] Hoy vino Virginia al Museo. La acompañaron Álvaro [Gil] y Valentín [Paz-Andrade]. Estuvimos el Presidente [Enrique Lorenzo], [Juan] Novás, [Antón Iglesias] Vilarelle y Claudio [Losada]. Carta muy expresiva agradeciendo y señalando el deseo de Alfonso de que permaneciese todo reunido en el Museo, ofrecimiento de lo demás, incluso los dibujos de negros y entrega, por nuestra parte del cheque convenido. Recogeremos en la Biblioteca todos los libros, incluidos en la cesión. Para mí fue uno de los días más felices después de la fundación del Museo. Son fondos básicos, permanentes, radicados… Es una tranquilidad por todos conceptos."
Se o desexo de Castelao foi que o Museo de Pontevedra recollera todo o seu legado, non debería a Deputación Provincial cumprir, como dixera Virxinia, un deber de gratitude, a título póstumo, adicándolle o edificio innominado que recolle a súa obra?