Tribuna Viva
"Ponte Caldelas está de Moda"
O alcalde de Ponte Caldelas presume ultimamente de que "Ponte Caldelas está de moda". O certo é que desde a incomprensible decisión do seu goberno de suprimir o Centro de Información á Muller deste concello, un servizo cunha traxectoria impecable durante 10 anos, desde logo pero por motivos ben distintos que, "Ponte Caldelas está de moda".
Como persoa totalmente sensibilizada na loita contra a violencia de xénero, paréceme de pouca valía profesional que un equipo de goberno que se autodenomina "O Goberno do Progreso" non saiba actuar con rigor en temas de alta sensibilidade como o que nos ocupa e onde dende todas as administracións se loita cada vez máis para dotar de servizos específicos a os concellos mediante os Centros de Información A Muller (CIM) onde abórdanse estes temas tan sensibles e que requiren unha labor moi sutil.
Eliminar un servizo de profesionais preparadas en exclusividade para tratar temas de Violencia Machista, que se forman ano tras ano para acadar a excelencia profesional neste ámbito e sustituílo por un asesor xurídico que valla para todo é dunha irresponsabilidade gravísima e ademais demostra unha falla de sensibilidade enorme para con éstes temas, polo tanto a decisión unilateral deste alcalde e os seus socios incapaces de chegar a un acordo satisfactorio para ambas as partes sen ter que minguar o servizo agrava a situación das mulleres de Ponte Caldelas, da contorna e das mulleres en xeral.
Eu imaxínome o difícil que debe ser o primeiro paso que ten que dar unha muller maltratada para tomar a decisión de buscar axuda, falar con xente que non coñeces, á que lle tes que contar a historia da túa vida, e na que tes que confiar se queres saír do que estás a sufrir, atopar a alguén que che axude a poder coller forzas e escapar do terror, alguén que che axude a recuperar a autoestima e que consiga que xa non te sintas vulnerable, alguén que che axude a empezar unha vida nova, iso ten que ser moi duro; pois estas profesionais do CIM de Ponte Caldelas levan 10 anos devolvéndolle a moitas mulleres a autoestima, a forza, as gañas de loitar e de seguir adiante, a liberdade, a valía, levan 10 anos devolvéndolle unha vida a mulleres de Ponte Caldelas e arredores; como se lles explica que agora toda a confianza, os lazos establecidos, a seguridade que lles proporcioanaban xa non vai volver, ¿como se sentirán esas mulleres?
Espero que Carmela Silva, Ana Pontón e a única Concelleira que comparte mesa no "Goberno do Progreso" de Ponte Caldelas, como mulleres sensibilizadas que de seguro son con éstes temas saiban facer a presión suficiente para que o señor Andrés Díaz de un paso atrás e non discrimine ás mulleres sacando un servizo tan necesario, estou segura que a Xunta e en concreto a Secretaria Xeral de Igauldade farán todo o posible para chegar a acordo, sempre e cando o alcalde teña a ben sentar a dialogar.
Un bo goberno ten sempre que priorizar cara as persoas fronte ao populismo, fiel reflexo o ten nos Concellos veciños, cando non se puido facer festa non se fixo pero nunca se veron mermadas as partidas a servizos sociais onde entran tamén os Centros de Información a Muller (CIM).
En toda Galicia é a primeira vez dende que se implantaron éstes servizos que ocorre algo así, e Ponte Caldelas está de moda por deixar sen cobertura as mulleres, por iso está de moda Ponte Caldelas.
Raquel Touriño, secretaria de organización do PP de Cotobade
Vecina da comarca Verdugo-Oitavén