Tribuna Viva
Plataforma non á fusión: Acto do PP na Carballeira de San Xusto
Dende a plataforma non á fusión queremos facer saber que a acollida social do acto do PP este sábado na Carballeira de San Xusto é moi negativa,como xa se pudo ver no acto de presentacion da fusión que fixeron na carballeira. Moi poucos veciños acudiron, só acudiron acólitos de Cubela e Balseiros e traballadores municipais de ambos concellos.
O PP está a facer da Carballeira a imaxe do seu partido e lembramos que a carballeira é do pobo. Trátase dunha carballeira con moito símbolismo para o pobo, os veciños non queren que se converta en imaxe de ningún partido político, senon na imaxe que ata agora tiña, simbolo da unidade veciñal.
Denunciamos tamén a utilización de persoal municipal para limpar as contornas da carballeira, mesmo sinais indicadoras. Denunciamos tanto a utilización de persoal como de medios e material municipal para un acto de partido.
Ben se está a ver que a fusión de Cerdedo e Cotobade ten moitos máis interes ocultos dos que pensábamos. Pouco a pouco vámolos coñencendo, e o que nos quedará por ver...
Non estamos dispostos a gastar máis diñeiro dos nosos petos para expor pública e graficamente pancartas antifusión na carballeira, xa que, fagamos o que fagamos e, ainda que Cubela sabe que a maioria dos veciños están en contra da fusión, vese que está disposto a levar todo por diante e seguir con este proceso a pesar do sentir veciñal, mesmo tendo a cara de usar a carballeira de San Xusto como imaxe desta aberración. E menos cando teñen a carballeira sitiada por acolitos de Cubela, adueñandose do espazo veciñal, polo que ese material non duraría colocado nin 5 minutos.
Polo que, queremos facerlle saber a Cubela e Balseiros que poden estar tranquilos e levantar a vixilancia da carballeira pois non imos perder o tempo nin os cartos en pór carteis que sacarían.
O que si lle recomendamos é que eles perdan un pouco de tempo en estudar o significado da palabra democracia, pois parece que esa palabra lles resulta descoñecida.
Grazas
Corina Rodríguez. Plataforma non á fusión de Cerdedo-Cotobade