Antón Roel Villanueva
Pintadas
Un dos xeitos de embelecer as cidades serían os murais artísticos e tamén os graffitis sobor de todo nas zonas abandonadas do casco histórico sempre que non sexa nas pedras milenarias ou onde xa había un monumento ou igrexas nin valados e casas que son patrimonio e o que fan é emporcalas. Non se pode facer unha obra de arte onde xa a había dende hai moitos séculos.
Outra cousa moi distinta son as pintadas indescriminadas e anónimas que agora proliferan na cidade, sempre me pareceu unha coabardía valerse de o anonimato ou seudónimo para reivindicar algo ou ao insulto persoal cando non se está dacordo sobor de todo ao utilizar paredes ou baixos de edificios que a os veciños lles coustou moito pintar ou na fachada dunha igrexa como pasou na de Campolongo. Este tipo de actos prexudican máis a quen o fai que a os que van dirixidos e dañan a razón que tiñan a maioría por culpa duns poucos. O que fan é prexudicalos cara a opinión pública. Todos temos a obriga de ter a cidade limpa, ninguén pon en dúbida as razóns para as pintadas pero seguro que as paredes emporcadas e a igrexa non teñen culpa do conflito e agora os veciños teñen que pintar de novo.
Alguén pensou dos que mandan "ata aí imos chegado" e multou uns mozos por facer un mural da nosa poeta Rosalía de Castro nun muro na entrada do paseo dos Gafos que sempre estivo cheo de pintadas e afeaba a contorna. Ese mural facía máis fermosa a entrada ao paseo e a derradeira carballeira da cidade. Pero claro, a quen se lle ocorre facer un mural cunha poesía dunha muller que andaba pola vida cunha arma que disparaba palabras fermosísimas en galego e aínda por riba de nada de anonimato con sinatura e fotografía. Había que dar un escarmento e pagounas a nosa poeta, seguramente os censores leran o que escribiu a poeta: A xustiza pola man e implantaron a súa xustiza. Xa outro poeta, Gabriel Celaya, dicía que a Poesía era unha arma cargada de futuro.
Eu penso que ese mural non molestaba a ninguén embelecía un recuncho deteriorado e feo, sempre e bo ler poesía cando se vai pasear a carón dun río dunha poeta que tanto escribiu e quixo os ríos. Hai pintadas e murais que molestan máis que unha poesía escrita nunha parede que o que fai é embelecer a contorna. A miña solidariedade cos mozos e mozas pola sensibilidade que amosaron co noso idioma ao facer ese mural tan fermoso.
Baixa rebuleiro e feliz o Gafos ca compaña ao seu carón do mural da poeta que tan ben escribiu dos ríos e dos regatos pequenos antes de entrar no tramo cuberto cando quedase sen luz, sen raiolas de sol, que o acariña como se fose a súa NEGRA SOMBRA.