Marta Samartín Toimil
Gastronomía e Entroido en Galicia
Para os que pensabades que tra-los excesos navideños iades ter unha tregua e por fin poderiades cumpli-los vosos obxectivos de aninovo, temos malas noticias: CHEGOU O ENTROIDO!!!
Na nosa terra, o Entroido non só é troula, choqueiros, madamas ou paliquieros, senón que se trata tamén dunha festa de carácter gastronómico para todos os galegos. Nesta data sinalada da primavera o cocho é o protagonista das nosas mesas; a cacheira, o lacón con grelos, o chourizo e as patacas son os principais alimentos sempre acompañados dos típicos postres dos que logo falaremos.
Dende o punto de vista nutricional un prato de lacón con grelos resulta ser do máis equilibrado. O lacón é fonte de proteína animal e nos aporta o material necesario para a rexeneración das estruturas celulares. As patacas, hidratos de carbono son imprescindibles para o aporte de enerxía diario e por outra banda, os grelos son a fonte primordial de fibra e vitaminas. Salvo que lle engadamos touciño, costela ouchourizos, o contido en graxas deste prato típico é baixo, polo que resulta axeitado para os que non queren gañar peso gozando dun bo xantar.
É moi importante ter en conta as cantidades para non pasarse. Como nutricionista, aconsello tomar un primeiro prato dun bo caldo galego exquisito á par que saciante, que nos aporta auga, fibra e múltiples vitaminas que se atopan presentes na auga de cocción da ola e que paga a pena non estragalos.
Para poder gozar do postre imos ter que pór cabeciña e evitar enche-lo prato ata estoupar ou repetir. O prato equilibrado é aquel que lle adica dous tercios á verdura e o tercio restante á proteína e á graxa.
Tamén debemos ter en conta que nestas celebracións adoitamos escoller un bo viño no lugar da auga, o que tamén sumará calorías ao total. Se se trata dun Barrantes o contido alcólico será baixo e non desequilibrará o noso balance calórico, mentres que se optamos por un Rioxa ou un Ribeira do Duero estaremos incrementando o noso aporte calórico final.
E como non, unha boa galdrumeira coma min sempre chega ao final cun oco gardadiño para a sobremesa (se queremos chegar co botón do pantalón no seu sitio coida ter sido bos nos entrantes).
As larpeiradas máis típicas destas datas son as filloas e as orellas. Ummm, é difícil escoller cal é mellor, polo que case seguro que piquemos de ámbolosdous! Ao ser doces da casa, feitos de xeito artesán e con produtos naturais non supoñen un aporte calórico excesivo, aínda que as orellas se non están ben fritidas, poden coller unha importante cantidade de aceite que fará elevar o seu contido calórico, polo que sempre debemos escurrilas cun pouco de papel de cociña. Polo demais as orellas (fariña, ovos e anís) presentan un balance equilibrado entre hidratos e proteínas.
Pola súa banda as filloas (feitas con leite, auga, fariña e ovos), teñen que ser finiñas, case transparentes, para así non aportan un extra calórico que altere o balance enerxético final da comida típica do Entroido. Dende o punto de vista nutricional desaconsello os recheos tipo chocolate ou nata e inclínome máis polo contido natural como a compota de mazá feita na casa ou un culler de mel.
E para rematar e deixar atrás esta copiosa comida tradicional do Entroido da que tanto disfrutamos, cómpre saír a rúa a botar un baile, vestirse de choqueiro ou participar nunha comparsa a rir dos veciños. Todo isto nos axudará a queimar todas esas calorías de máis que "sen querer" puidemos meterlle ao corpo.
Non debemos esquecer que o verán está ás portas e se non comemos con cabeza e facemos o deporte axeitado, a futura operación biquini para lucir os nosos tipiños nas praias poderá verse truncada... Nada máis pola miña parte. Disfrutade dos manxares galegos do Entroido pero sempre con sentidiño!