Andaríns do Val do Lérez
Cobra lagarteira meridional. Coronella girondica. Culebra lisa meridional
Especie: Cobra de pequeno ou mediano tamaño. De coloración pardo, ocre ou gris, moi parecido en coloración á cobra lagarteira común, pero un pouco máis pequena. Na parte traseira da cabeza ten unha mancha escura que se bifurca a altura do pescozo, pasando no dorso a ser unhas manchas transversais. A liña ou mancha escura que teñen estas cobras nos laterais da cabeza van dende o pescozo ate o ollo, e seguindo cara o outro ollo, a liña nunca chega ao orificio nasal. Na zona ventral a coloración pode ser branca ou amarela cunhas manchas rectangulares negras, cun deseño en forma de taboleiro de xadrez.
Hábitat: Gusta de sitios de máis calor que a lagarteira común, atopándose en zonas máis secas e pedregosas con boa insolación, en toxeiras, matogueiras, muros de pedra e bosque con claros.
Tamaño: Entre os 50 e 60 Cm, podendo chegar os 70 Cm.
Curiosidades: No debuxo intentamos reproducir as diferenzas máis evidentes entre a cobra lagarteira meridional e a cobra lagarteira común, xa que son bastante parecidas. ÿ ovípara, pon os ovos e os abandona, ao cabo duns días xurde a eclosión e saen as crías
Ameazas: Os incendios forestais, os atropelos nas estradas e pistas forestais e tamén os humanos que sen pensar no beneficio que producen na agricultura xa que se alimentan de ratos, trátanlle de dar morte e eliminalas do territorio. Esta fobia ven dende épocas remotas aplicándolle o termo bicha a calquera destas especies.
'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez