Andaríns do Val do Lérez
Sapo corriqueiro. Bufo calamita. Sapo corredor
Especie: Sapo cun aspecto parecido ao sapo común, aínda que é máis pequeno e coas glándulas parótides paralelas entre si cunha liña vertebral moi evidente de cor amarelo.
Moi verrugoso. A cor dorsal adoita ser xaspeado, sobre un fondo verdoso. Ten os ollos coa pupila horizontal e co iris de cor verde claro ou amarelento.
Hábitat: De costumes cavadoras, polo que adoita vivir en terreos areentos como dunas ou ladeiras pedregosas, co chan brando e solto, aínda que estea distante da auga.
Curiosidades: Este sapo acostuma poñer ovos en charcas pouco profundas e pequenas, co que aínda que sequen axiña non é problema para os seus cágados, xa que se desenvolven máis rápido que outras especies de anuros.
Ameazas: As ameazas máis frecuentes son a alteración do seu hábitat de reprodución, e os atropelos que sofren os adultos nas estradas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.