Francisco Freire Vila
Apprende
Hainas de todas as materias, para todos os gustos e para todas as idades, unhas son útiles e outras pouco funcionais, unhas son gratis e outras teñen un pequeno custo... Foron creadas para os dispositivos móbiles (móbiles e tabletas) e actualmente hai milleiros, só educativas contabilízanse máis de 80.000. Aquí centrareime exclusivamente nelas, nas apps educativas.
Coas aplicacións educativas a aprendizaxe está máis orientada ao saber facer e ao saber aplicar que ao saber reproducir e permiten nese proceso romper as barreiras do espazo e tempo, ademais, as tabletas inclúen outras tecnoloxías distintas ás convencionais dun PC: acelerómetros, GPS, sensores de luz, magnetómetros, xiroscopios, sonómetros, altímetros, escáneres, compases, etc., que aumentan a interactividade, a funcionalidade e as posibilidades educativas.
Na rede podemos atopar facilmente páxinas que recollen sitios coas mellores apps educativas,
http://www.docentum.com/2014/encontrar-mejores-apps-educativas/, mesmo algunha recompila e analiza as fundamentais para empregar na aula, www.eduapps.es. Sexa dito de paso que todas as poden empregar tamén os pais cos seus fillos para complementar o proceso de aprendizaxe dunha forma lúdica.
Nun artigo sobre aplicacións é inevitable non caer na tentación de comentar algunha interesante, adianto que algunhas só están dispoñibles para IOS, outras para Android e outras para os dous sistemas operativos.
Para os máis pequenos, Thinkrolls é unha app coa que, de forma lúdica e moi motivadora, os nenos experimentan coa gravidade, a velocidade, a fricción e a elasticidade entre outros conceptos físicos mentres desenvolven habilidades como a lóxica, a orientación espacial, a resolución de problemas, a anticipación e a motricidade fina. Lipa Trai, Traballa a orientación espacial a través da experiencia de conducir un tren. Os nenos deben virar as frechas en función da dirección que queren que tome o tren para que poida recoller os obxectos que hai na vía. ÿ moi interesante porque os nenos teñen que realizar un traballo de previsión e anticipación ao cambiar as frechas antes de que pase o tren.
Pero se o que nos interesa é a aprendizaxe de idiomas, Lipa Scrabblis traballa vocabulario variado, permite que os nenos traballen en parellas ou en pequeno grupo e coas palabras que van atopando poden escribir frases e compartilas co resto do grupo. Obrígaos a lembrar o vocabulario e a utilizalo correctamente nunha frase, reforzando estruturas gramaticais de forma sinxela e lúdica. Con todo, Duolingo é unha das apps preferidas e indispensables para os usuarios de IOS. PC Magazine, cualificouna como a mellor aplicación para aprender idiomas. Busuu permite aprender diferentes idiomas cos falantes nativos do idioma escollido. Ademais de dispoñer de cursos e exercicios interactivos, ti mesmo pódeste converter en profesor da túa lingua rexistrándote nesta comunidade. A aplicación é específica para a aprendizaxe de inglés, pero tamén están dispoñibles aplicacións para Español, Italiano, Alemán, Francés, Xaponés, Portugués, Ruso, Chinés, Turco e Polaco, ademais de moitos outros na súa páxina web. Dispoñible para IOS e Android.
Por outra banda, hai aplicacións que permiten perfeccionar a velocidade do pensamento matemático, desenvolver a concentración e axudar a consolidar as bases da aritmética. Math Fight é unha app incluída na listaxe dos mellores xogos multixogador, con ela podes xogar con calquera adversario: un amigo, un fillo ou un compañeiro de clase. ÿ divertida, fácil de manexar e ao mesmo tempo educativa.
Tamén hai aplicacións útiles para a organización docente, é o caso de iDoceo ou de Teacher's Notebook Lite. Son cadernos de notas nos que se pode levar un control absoluto das clases, asistencia, resultado das probas, rexistro do alumnado, etc. visualizándoos por períodos ou filtrando a información por estudantes. Doutra banda, con Mindomo pódense realizar mapas conceptuais. O profesorado ou o alumnado pode facer un esquema a partir dun tema ou dun texto, para abstraer os conceptos e recollelos no mapa. Unha vez elaborado o mapa conceptual, a aplicación permite seguir cun foco os distintos elementos do esquema, en orde, para a exposición do tema.
Interesante é tamén SyncSpace, é un taboleiro cun espazo que se pode ampliar de forma dinámica e permite compartir o espazo de debuxo con outros usuarios que teñan este programa instalado pero con sincronización en tempo real. Se o profesor comparte o taboleiro cos alumnos pode ir explicando os contidos e os alumnos veranos na súa propia tableta tamén.
Para os afeccionados á astronomía ou para as clases de coñecemento do medio, Stellarium Mobile Planetarim é un planetario móbil que mostra un mapa do ceo nocturno en tres dimensións e con só apuntar co teléfono ou a tableta ao ceo identifícase automaticamente o que se está vendo.
Quero acabar esta breve relación cunha app moi especial, Creappcontos, porque é unha aplicación feita por unha empresa galega e ademais está en galego. O domingo ás 12.00 h os seus creadores farán a presentación en Culturgal. ÿ unha app coa que podemos crear de forma rápida, intuitiva e sinxela as nosas propias historias con distintos escenarios, elementos, personaxes, fondos, audios, etc. Moi útil ademais para traballar calquera lingua pero ademais para potenciar a creatividade e traballar case calquera área, desde coñecemento do medio, lingua, matemáticas, etc. Está dispoñible para Android e IOS.
Chegaron aos nosos dispositivos para sacarlles máis partido e cada vez son máis útiles para complementar o ensino dentro e fóra da aula, no entanto, son mellorables e para iso é fundamental incluír a profesionais da educación ademais dos programadores e deseñadores.
Seguro que ti coñeces algunha app interesante, se é así, non deixes de pór un comentario sobre ela a continuación. Queremos coñecela!