Antón Masa
A sentenza dos recheos do Porto de Marín
A recente publicación dunha providencia polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volve a poñer en evidencia a necesidade de devolver ao mar o que sempre foi do mar, de recuperar o sistema de correntes da ría, os sistemas naturais e os bancos marisqueiros. Debe comezarse planificar canto antes o futuro do Porto de Marín dentro da legalidade, favorecendo as funcións porturarias que sexan compatibles co mantemento do medio natural e da actividade produtiva.
Ao longo de anos, os verdadeiros responsables da Autoridade Portuaria, os que permanecen dende que os recheos comezaron, foron construíndo unha superficie de máis de 300.000 metros cadrados, para beneficio exclusivo de dúas das empresas que operan no porto.
Tras os Presidentes da Autoridade, cargo dourado nomeado polo partido gobernante, con un elevado salario pero que nunca teñen desenvolto unha actividade apreciable máis alá da representativa, tras un Consello de Administración que nunca ten manifestado máis que asentemento, funciona un equipo que é o que verdadeiramente manda e decide as políticas de crecemento do porto que forman os directores e enxeñeiros do mesmo.
Este equipo de responsables tuvo sempre plena consciencia dos danos que estaban a provocar, danos ambientais e danos aos recursos naturais que teñen suposto a perda dun grande número de postos de traballo na actividade marisqueira dende que comezaron os recheos. Pero tamén eran plenamente conscientes de que a súa folla de ruta pasaba de cheo polo terreo da absoluta ilegalidade; a estratexia de realizar estudos de impacto para pequenas obras e non para o conxunto dos recheos, de solicitar a exención de realizar estos estudos para as actuacións máis importantes facendo caso omiso dos informes que advertían dos perigos claros dos recheos, de tramitar de forma enganosa os proxectos e plans, auguraba a dirección das sentenzas que chegaron logo e das que aínda quedan por chegar.
Pero, a pesar das evidencias, continuaron dilapidando fondos públicos e agravando os impactos para crear solo para as empresas beneficiadas que ben se tiñan poder instalado noutras zonas de forma legal e non destrutiva, non se pode agora alegar que se perseguía o desenvolvemento do porto como ben común.
As actuacións ilegais e as súas consecuencias veñen sendo denunciadas pola APDR e outros colectivos dende fai xa vinte anos; neste tempo téñense aportado evidencias do que estaba sucedendo sen que en ningún momento a Autoridade Portuaria, as consellerías responsables da Ordenación do Territorio e a Deputación de Pontevedra, se replanteasen o modelo de crecemento dañino e insostible do porto.
Parece evidente que estas administracións, a pesar de coñecer o dano e a ilegalidade forzaron a aprobación de plans especiais e apoiaron a realización das obras sen unha verdadeira previsión de impacto que revelaría o que iba a ocorrer, quen sabe?, incluso podería nun futuro desaparecer a propia viabilidade do porto por reubicación dos corpos sedimentarios en zonas que afectasen aos seus tráficos. Como sempre asegurou a APDR, os cambios nas correntes que seguen a unha modificación da liña de costa nun sistema altamente dinámico como é o interior da ría son imprevisibles si non se analizan previamente.
Pero os responsables do porto e a abogacía do estado parecen isensibles ás sentenzas ditadas nas máis altas instancias xudiciais e todo indica que a súa vontado é a de incumprilas, continuando co derroche de fondos públicos mantendo activas as obras contempladas.
Todo indica que pronto se inicien os dragados hasta a cota de 15 metros de profundidade nunha extensa área no entorno das zonas de recheo que indubidablemente provocarán un aínda maior impacto ambiental e perdas económicas para o sector marisqueiro no interior da ría; o dragado provocará unha remobilización de sedimentos que pondrá en suspensión partículas minerais e contaminantes como os metais pesados ou os Policloruros de Bifenilo procedentes do complexo industrial de Lourizán que se dispersarán por extensas zonas da lámina de auga, e iste feito é coñecido polos xestores do porto que teñen estudado a composición dos sedimentos.
A utilización de explosivos provocará un severo estrés ambiental que afectará ao conxunto dos organismos no entorno da ría. Os cambios na batimetría contribuirán a incrementar os cambios na dinámica sedimentolóxica que se producen cos recheos ilegais xa realizados agravando os problemas asociados.
A APDR denunciará diante da fiscalía estes feitos, pedindo que actúe contra os responsables dos recheos e dragados por dilapidación de caudais públicos, incumprimento das sentenzas e danos ambientais e aos recursos.