Andaríns do Val do Lérez
Lucanus cervus. Vacaloura, Escornabois. Ciervo volante.
Lucanus cervus.
Vacaloura, Escornabois.
Ciervo volante.
A vacaloura ou escornabois (Lucanus cervus) trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. Os adultos aliméntanse do zume das árbores (savia) tamén se pode atopar lambendo froitas maduras para extraerlle o zume para o cal utiliza a súa lingua amarela e peluda. Especie mais activa pola tarde e pola noite. Poden voar, alcanzando velocidades de ata 6 km/h. Este insecto é considerado o maior escaravello de Europa. O tamaño oscila entre 30 e 90 mm no caso dos machos e 28 e 45 milímetros nas femias. Existen diversas teorías sobre como se aparean, aínda que a máis probable é que os machos se agrupen en torno ás femias e as disputen en combates que poden chegar á morte dun dos contrincantes. As femias poñen os ovos nas fendas dos árbores, e estes teñen a súa eclosión ao redor de dúas a catro semanas da posta.
Reprodución. Os machos nas horas cálidas do atardecer buscan os puntos de donde extraer o zume vexetal(savia). Se nese punto, poden coincidir varios machos, entón engárzanse nunha loita incesante. Os machos acometen mutuamente as cornamentas trábanse, cada un intenta levantar o seu opoñente no aire, co cometido de tiralo fora da árbore. Tamén expulsan as femias. Despois de unha loita que pode durar horas queda co control do lugar unha parella.
A larva. A larva deste insecto pasa de tres a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos. As larvas desta especie teñen un apetito moi voraz: de tan só un gramo de peso, poden comer nun só día 22,5 centimetros cúbicos de madeira. As larvas alcanzan un tamaño cosiderábel, chegando incluso a 10 centímetros de longo. O tempo de vida trala metamorfose é moito máis curta cá vida sendo larva. Actualmente a vacaloura ou escornabois é un insecto protexido, xa que está en perigo de extinción. A especie está en regresión debido á perda do seu hábitat e á caza polos seus cornos, pois é un exemplar moi apreciado, en algúns países esta totalmente prohibido sa sexa para coleccionar, matar, ou incluso alonxalos do seu hábitat.
Lendas. Os cornos da vacaloura, son considerados en Galicia amuletos protectores e moi usados para protexerse contra as meigas e o mal de ollo Lévanse no peto ou colgados sobre o peito, dentro dunha bolsiña; no caso dos meniños, un destes cornos atado no pulso protéxeos contra o enganido (raquitismo). Non teño medo ós teus ditos nin medo do teu meigallo que ando cunha vacaloura e catro dentes de allo.
Alimentación. As vacalouras adultas succionan o zume(savia) de varias árbores frondosas, preferiblemente do carballo. Mentres as femias son capaces de roer coas pinzas maxilares a cortiza e acceder a savia, os machos deben buscar puntos abertos, por donde flúa. Oriéntanse polo olfacto. Sendo atraídos polos aromas desprendidos polas femias, sinalizando os puntos de saída da savia polo esparexemento de excrementos en tódalas direccións.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez.