Tribuna Viva
A Xustiza deume a razón frente ao SEPE-INEM
En xuízo celebrado o 28 de maio, veuse a reclamación contra a sanción dunha mensualidade por non "fichar". A xustiza condena ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a pagar a cantidade non abonada, e que acaba de facer efectiva.
Na oficiña de emprego de Pontevedra (cun departamento da Xunta e outro pertenecente ao Estado), me deron de alta en outubro de 2012 logo dun ERE. Ali cumplen funcions distintas na tramitacion do paro, sendo o principio de transparencia ao administrado o que non cumplen. O dia 2 de xaneiro de 2013 indicanme que, como non fichara, me sancionaban cunha mensualidade.
Cando preguntei dixeronme que me deran de alta con revisions trimestrais, habendo traballadores que lles fixeran pasar revisions cada ano, en tal acordo de ERE que nos recoñocia o paro co dereito a percibir prestacions por desemprego, tendo desto coñocemento a autoridade laboral que transladara o acordo a inspeccion de traballo e ao Servizo Estatal de Emprego. Cambiaron os periodos de revision, recoñecendose tamen polo tribunal a defectuosa informacion e a incorrecta tramitacion.
Esta sentenza é un paso importante cara a non sancion, por non fichar no dia e que evitara a inxusta situacion que xa temos cando nos damos de alta no Inem. Sendo de aplicacion a norma de "todos somos iguais ante a lei", pois hai xentes que non pasan revisions e outras que pasan cada ano, sendo de cumplimento o de recibir todos as prestacions acordadas, na situacion de paro.
Para rematar, amosar o agradecemento pola defensa feita pola letrada Cristina Gómez, e lembrar ao Valedor do Pobo, en funcions, que non quixo estudar a miña queixa porque, segun el, era cousa del " Defensor del Pueblo". E lembrar tamen a asombrosa naturalidade con que asumiron a inxusticia dirixentes do meu sindicato. Adicando tal exito a aquel traballador da construción que logo de pechar a sua empresa foi a Suiza a coñocer a sua neta, pois para irse ali tiña que pedir permiso, custion que descoñocia perdendo tal mensualidade. E a aquela traballadora que tendo que atender soa, a dous fillos e a sua nai estando de alta en traballos de fin de semana ou dias e que non pasou a ficha na data sinalada, perdendo tal mensualidade. Estes casos andiveron na miña mente e deron forza e animo a miña causa.
José Luis Villalba Barros