Andaríns do Val do Lérez
Bubela
Bubela
Upupa epops
Abubilla
Descrición: Ave inconfundible, de cor ocre polo peteiro, ventre ea meta do dorso . As ás con un debuxo de barras negras e brancas, moi rechamante.
Cunha lonxitude de (27 cm), envergadura de (44-48 cm).
A bubela luce unha vistosa crista, de cor ocre e as puntas negras, que estende cando se pousa ou esta inqueda e tamén durante o apareamento. Ten o pico longo e algo curvado cara abaixo e unha cola ampla e negra, atravesada por unha franxa branca.
O voo, faino de forma irregular e describe lixeiras ondulacións na súa traxectoria.
Canto: O canto e un inconfundible"up-pu-pu-pu", grave e de longo alcance, repetido varias veces.
Hábitat: mostra preferencia por bosques abertos, onde aniña en ocos de árbores, buratos nas paredes e mesmo en caixas niño. Os seus niños adoitan cheirar mal por mor dunha secreción que empregan en forma de defensa tanto os adultos coma as crías ao detectar perigo.
Alimentación: Aliméntase de vermes, miñocas e insectos que atrapa co seu longo peteiro polo chan.
Trátase dunha ave migradora e estival.
Ameazas: A súa principal ameaza está na redución de buratos naturais onde poder aniñar debido aos incendios e a unha mala xestión do monte, tamén inflúe moito o uso de insecticidas químicos que diminúe o numero de insectos dos que se alimenta.
No catalogo nacional de especies ameazadas aparece coa categoría "de especial interés".
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez.