Como cada 11 de xullo, cita con San Benitiño
Non se lembra unha romaría de San Benitiño tan multitudinaria como a deste ano, polo menos, na nosa memoria máis recente. Miles de persoas cumpriron coa tradición e, como cada 11 de xullo, acudiron ás inmediacións do mosteiro de Lérez para rogarlle ao santo máis "milagreiro" a curación dos males, sobre todo os relacionados coa pel
© Mónica Patxot