Un décimo do 04536 deixa 125.000 euros nunha peña de Moraña
A falta do Gordo, calquera premio pode alegrarnos o día. Sobre todo se se reparten 125.000 euros. Ese foi o caso dunha peña que ten a súa sede social no bar Xolda, situado no concello pontevedrés de Moraña. Un único boleto do número 04536, selado a través da máquina, foi o que levou a sorte ao establecemento, situado na Rúa Uno, no centro da localidade
© Mónica Patxot