E catro anos despois...comezou PontevedraViva Radio
Por Redacción
A finais de marzo PontevedraViva comezaba a emisión 24 horas diarias de PontevedraViva Radio. Un proxecto pioneiro en Pontevedra que supón un punto de inflexión no hábito de escoitar radio. Internet substitúe ao tradicional transistor e os seus contidos pasan a estar a disposición do oínte en tempo real e no momento que o desexe a través de podcast.
Conxuga programas de produción propia coa difusión doutras emisións online como Carne Cruda, La Cafetera de radiocable.com, Metrópoles Delirantes; El Escaparate, realizado polos alumnos da Facultade de Ciencias Sociais do campus desta capital; ou a última incorporación: A altas horas, para os seguidores da música indie.
Resultou notable a acollida que neste tempo ten A playlist de..., entrevistas intimistas aderezadas cos gustos musicais de cada invitado. Nestes meses compartimos confidencias co productor e músico Gonzalo Maceira, o actor Xosé Manuel Esperante, o empresario Gerardo Lorenzo ou coa política de Ciudadanos María Rey. Nos Cara a cara outros tantos nomes propios contáronnos a súa experiencia vital tras estar en campos de refuxiados, como Pedro Rial; o seu agradecemento a un premio desde a súa cidade como foi Teresa Fernández Valdés de Bambú Producciones; ou a súa historia de superación persoal como Manuel Cruces.
Compartimos os faladoiros das Conversas na Ferrería con decenas de asistentes; nenos, adolescentes, adultos, maiores...todos seguen tendo opinión neste programa. Como tamén a teñen noutro faladoiro, o deportivo, de La Trastienda pola que seguirán pasando xogadores, directivos e afeccionados. Nestes meses, tamén puxemos voz con Do gris ao violeta a esas mulleres pontevedresas traballadoras, pioneiras ou que foron represaliadas. Non nos perdemos un só dos Festivais Rías Baixas e os máis pequenos da casa teñen o seu particular fonoteca de contos coa familia Sachoconto.
E entre programa e programa, a música é fundamental. Apostamos por difundir a música de aquí, feita por artistas de aquí. Desde a tradicional ata a máis actual. Aos poucos a nosa programación vai crecendo; e así recentemente incorporáronse Dale la vuelta ou Mesas y manteles. Esa é a nosa aposta para 2017, seguir sumando, e para iso, contamos contigo.
Relacionadas:
-
NRede, o selo que certifica o traballo xornalístico de PontevedraViva
Por Redacción |
-
PontevedraViva comparte a súa experiencia cos universitarios no Día Mundial da Radio
Por Antía Fernández Buján |
-
El Escaparate renóvase e aposta por ir "más aló" de Ciencias Sociais na súa nova tempada
Por Redacción |
-
A pontevedresa Teresa Fernández-Valdés, unha das 20 mulleres máis influíntes da TV mundial
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda, en PontevedraViva Radio: "Presentaremos á mellor persoa para optar á alcaldía en 2019"
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva, en PontevedraViva Radio: "Vou preguntar os alcaldes que modelo prefiren. Se queren o de Louzán, estudarémolo"
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Lores, en PontevedraViva Radio: "Non desbotamos pactar para darlle maior estabilidade ao goberno"
Por Alejandro Espiño |
-
Metrópoles Delirantes cumpre 50 emisións
Por Redacción |
-
Xa podes escoitar PontevedraViva Radio na súa emisión en probas
Por Redacción |