Os socialistas avanzan as principais infraestruturas que ofrecerán para Pontevedra
Por Redacción
Fronte un goberno de Feijóo que en materia de infraestruturas "venderon fume, crearon frustración e incumpriron sistematicamente as súas propias promesas", segundo a candidata do PSOE, María Pierres, os socialistas teñen claro o camiño a seguir nos próximos anos porque "a competitividade do noso país pasa por xerar unhas boas infraestruturas".
Así, Pierres lamentou que a "única xestión relevante" de Feijóo foi protestar contra o goberno socialista e "calar ante os reiterados incumprimentos" do goberno de Mariano Rajoy. "Feijóo non actuou como presidente de Galicia senón como lacaio do seu partido", afirmou.
Os socialistas propoñen promover a intermodalidade entre os diversos medios de transporte, para o cal, deberá acelerarse o ritmo de execución das estacións intermodais nas principais cidades galegas e se demandará ao goberno do Estado unha rápida culminación dunha eficiente conexión por ferrocarril entre as cidades.
Ademais, apostan por desenvolver o Plan Director de Estradas ante o "incumprimento e o fracaso" do Plan Move, deseñar un Plan de Transferencias de Estradas entre as distintas administracións, reclamar a transferencia de competencias sobre a AP-9 ou a posta en marcha de plans de mobilidade, que "integren obxectivos explícitos de sustentabilidade".
No caso específico de Pontevedra, o PSdeG-PSOE promete executar a variante de Alba e a reforma integral da estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, participar na execución da ronda urbana ata a súa conexión coa N-541 e proxectar un tren de proximidades con Vigo e Vilagarcía.
Os socialistas tamén reclamarán de "forma enérxica" ante o goberno central os compromisos de inversión e o cumprimento de prazos do AVE, unha cuestión "na quedou as claras o silencio de Feijóo, cómplice dos incumprimentos ano tras ano de Rajoy e de Ana Pastor".
Relacionadas:
-
Os socialistas aseguran que un goberno de Leiceaga será "sensible" as necesidades dos traballadores do mar
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas acusan a Feijóo de propiciar "o maior ataque da historia contra a sanidade pública galega"
Por Oskar Viéitez |
-
Leiceaga asegura que o PP non buscou unha alternativa a ENCE para "defender os intereses dos propietarios"
Por Redacción |
-
Tomar "moi en serio" a política forestal, proposta do PSdeG-PSOE para os montes galegos
Por Redacción |
-
Os socialistas apostan por unha nova Lei do Solo e máis apoio aos PXOM dos concellos
Por Redacción |
-
O PSOE promete construír unha política social a partir dos "escombros" que deixa Feijóo
Por Redacción |