Tino Fernández saca peito coa xestión socialista no Concello
Por Redacción
O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Pontevedra e actual concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, sacou peito este luns sobre a xestión realizada polos socialistas durante os últimos anos como socios de Goberno no Bipartito pontevedrés. Entenden que os avances de Pontevedra durante os últimos anos, especialmente en materia social e en políticas pensadas para as persoas, non se comprenden sen a participación dos socialistas no Goberno local.
Tino Fernández amosa a súa perplexidade diante do discurso "exclusivista e demagóxico" do líder do BNG, Xavier Vence, nun mitin en Pontevedra o venres 15. "Chamoume á atención escoitar a Vence dicindo que o que se fai en Pontevedra é 100% BNG, porque, á parte dunha mentira obvia nunha cidade que tivo goberno de coalición os últimos 12 anos, lembroume ao mesmo truco dialéctico que utiliza o PP cando dicía que o hospital de Monte Carrasco sería 100% público", indica.
Agustín Fernández considera "lamentable" que Vence veña a Pontevedra a dicir que esta cidade "é do Lores". Considera que é unha frase "realmente desafortunada e da que debería mesmo pedir desculpas". Ao respecto, sinalou que el naceu en Salcedo, a súa muller é pontevedresa e os seus dous fillos tamén e "supoño que a cidade tamén será nosa, igual que do resto dos pontevedreses".
O candidato socialista recoméndalle ao líder nacional do BNG o pense ben antes de volver meter a pata.. De todas maneiras, xa augura que será difícil á luz dos antecedentes e do estilo da campaña nacionalista, da que sinala que está "baseada nuns debuxiños, na exaltación do líder e na obsesión de pintar a Pontevedra como un lugar idílico, con ausencia absoluta de problemas e retos que afrontar dende o Concello".
Segundo indica Fernández, os socialistas están orgullosos do seu traballo, non só durante este mandato, senón tamén durante os anteriores. Dos últimos catro anos destacan as obras urbanas realizadas nas rúas Santa Clara, avenida de Lugo, barrios de San Antoniño e Fontesanta e a xestión deportiva, turística e feiral-congresual, así como os únicos plans de emprego convocados dende o Concello.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de Tino Fernández: o grato recordo dun socialista cara un ex alcalde popular
Por Marisa Ciordia |
-
O PSOE reivindica o seu papel como "gran transformador" da cidade e pide apoios para "botar" ao PP da Deputación
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Agustín Fernández promete 'mimar' á hostalería, un piar "importante" do turismo na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Pasarón entra en campaña: Tino Fernández pono como "exemplo do que non debe ser a política deportiva"
Por Redacción |
-
Lores, no mitin central do BNG: "As cidades que queren avanzar miran para o que se fai en Pontevedra"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Nova cara para a rúa Santa Clara e a praza de José Martí
Por Redacción |