Lorix e Mosquerix, un cómic do BNG contra o imperio PPromano
Por Oskar Viéitez
O BNG anunciou unha campaña electoral distinta e, por tutatis!, estano a conseguir. Primeiro un rap e agora un cómic.
Este martes os nacionalistas presentaron a Lorix e Mosquerix, o alter ego, de Miguel Anxo Fernández Lores e César Mosquera, co que rin de si mesmos e se mofan dos seus rivais políticos.
O cómic debuxado por Kiko Dasilva, recreando a creación de René Goscinny e Albert Uderzo, conta a historia dunha Galicia toda ocupada polo imperio "PPromano, toda?, non! Unha apracible cidade poboada por irredutibles galegos resiste aínda e sempre ao invasor".
Na "Pontevedrum" do Bloque aparecen Agustinus, líder dos "socialistum hispánicus" que "sempre se esconde cando Pontevedrum necesita axuda", Moreirum "centurión dos exércitos PPromanos e monicreque do imperio" xunto con Abalum "o máis torpe dos PPromanos e o único que permanece leal a Moreirum".
O BNG buzoneará este comic polos portais de toda a cidade.
O candidato do BNG á Alcaldía, Fernández Lores, cre que ninguén se sentirá ferido polas caricaturas "sería ridículo que lles sentará mal, o normal é que sorrían", afirmou.
Relacionadas:
-
Kiko da Silva será un dos protagonistas do Viñetas desde o Atlántico
Por Redacción |
-
Comezo festivo para a campaña electoral dun BNG que confía no tirón electoral de Lores
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O PP e o PSOE critican o cómic dos nacionalistas
Por Oskar Viéitez |
-
Así é "Quero Pontevedra", o rap de Lores para a campaña electoral
Por Alejandro Espiño |