A Oficina do Censo Electoral dá de baixa a 38 persoas censadas ilegalmente en Meis polo PP
Por Redacción
A Oficina do Censo Electoral deu de baixa a 38 persoas censadas ilegalmente en Meis polo Partido Popular.
A Oficina do Censo Electoral de Pontevedra aceptou a denuncia feita polo BNG sobre o censo electoral de Meis.
Segundo valoraron dende a formación nacionalista, "isto demostra o que xa temos denunciado en anteriores convocatorias electorais. O goberno do Partido Popular actúa de maneira fraudulenta por intereses electoralistas, censando ilegalmente a persoas afíns co único obxectivo de conseguir votos nas eleccións municipais e deturpar, así os máis elementais principios democráticos".
Dende o BNG agardan que o candidato do Partido Popular, José Luís Pérez, actual alcalde de Meis de explicacións aos veciños polas "trampas" feitas co censo.