Intervención policial ante o cabreo dunha clienta de Vodafone
Por Oskar Viéitez
O monumental cabreo dunha clienta de Vodafone en Pontevedra provocou a intervención dunha patrulla da Policía Nacional.
A media mañá os axentes atravesaron a gran velocidade a praza da Ferrería no vehículo policial facendo soar as súas sirenas para acudir á tenda desta operadora de telefonía móbil sita na rúa Padre Luís.
A centralita da Comisaría acababa de recibir a chamada de auxilio das dependentas do establecemento "porque unha clienta amenzaba con pegarlles".
A presenza dos axentes policiais foi suficiente para relaxar os ánimos da señora, sen que fose necesaria ningunha outra intervención.
As reclamaciones contra as compañias telefónicas acaparan a maior parte das queixas na Oficina Provincial de Información ao Consumidor. Esta oficina centraliza desde a súa sé na segunda planta do antigo edificio de Educación, na Alameda, o asesoramiento aos cidadáns da provincia.
En canto aos problemas coa telefonía, os máis relevantes son os referentes aos trámites das baixas de contratos, facturación, mala instalación de internet e contratación de servizos non autorizados.