La Vuelta 2013 arrincará cunha contrarreloxo por equipos dende unha batea de Vilanova
Por Redacción
O porto de Vilanova de Arousa será o punto de partida da próxima edición da Volta Ciclista a España, o 24 de agosto de 2013, cunha primeira etapa que partirá dende unha plataforma marítima para rematar nunha localidade do Salnés aínda por determinar.
O que si se confirmou é o paso dos corredores polo centro de Cambados, que ao igual que o pasado ano, verá pasar aos ciclistas do pelotón pola praza de Ferfiñáns.
O primeiro día de competición, como vén sendo habitual nas últimas edicións, será unha contrarreloxo por equipos de "entre 20 e 30 quilómetros" que aínda non foi deseñada na súa totalidade.
Para o director xeral de Unipublic, Javier Guillén, será o preludio dunha gran carreira, "a partir de esta salida veremos un recorrido espectacular y con una serie de etapas que sin duda van a hacer que la Vuelta siga creciendo".
Relacionadas:
-
Vilanova-Sanxenxo, Pontevedra-Baiona e Vigo-Vilagarcía, etapas de La Vuelta 2013 nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo imponse a O Grove e logra a chegada da primeira etapa de La Vuelta 2013
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra repetirá na Vuelta 2013: a terceira etapa sairá da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A saída da Vuelta a España dende as Rías Baixas será o día 24 de agosto
Por Diego Espiño |