Estás de acordo con suprimir o cambio de hora?
A decisión da Comisión Europea de abolir o cambio de hora estacional abriu un gran debate no conxunto da UE. Bruxelas quere que o último cambio horario obrigatorio sexa a finais de marzo de 2019. E os estados membros que queiran volver á hora de inverno poderían facer un último cambio de hora o domingo 27 de outubro de 2019. A partir de aí, o horario permanecería invariable para todos.