A Gimnástica repite os rivais de 2013 na primeira xornada da División de Honra de atletismo
Por Diego Espiño
A Comisión de Clubs de la Real Federación Española de Atletismo, reunida o pasado sábado, elaborou unha proposta de organización da próxima tempada en División de Honra, na que a Sociedad Gimnástica participará por oitavo ano consecutivo co seu equipo masculino.
Segundo o pactado polos clubs, a entidade lerezana repetirá o primeiro enfrontamento de 2013 ante Marathon Madrid, Tenerife CajaCanarias e Universidad de Oviedo, baseándose nos 'estadillos' de marcas da pasada tempada e na proximidade xeográfica.
Previsiblemente esta xornada, na que a Gimnástica aspira a pelexar polo primeiro posto co Marathon, principal favorito, disputarase en Madrid o próximo 17 de maio.
Se non se dan sorpresas, segundo as marcas que acredita cada club, os pontevedreses repetirían o segundo lugar tras os madrileños, aínda que o principal obxectivo será sumar o maior número de puntos que acheguen ao equipo lerezano á xornada final polo título.
Aínda que polo momento se trata só dunha proposta, a Federación Española acepta habitualmente a composición formulada polos clubs.