En pantalón curto por unha boa causa
Por Redacción & Diego Torrado
O Pavillón Municipal dos Deportes foi escenario na mañá do sábado, 28 de decembro, do primeiro Partido Benéfico de Nadal organizado polo Ciudad de Pontevedra club de fútbol a beneficio de RedeAxuda.
Brillante iniciativa e boa resposta do público, que se divertiu vendo sobre o terreo o xogo a políticos locais, como o alcalde Miguel Anxo Fernandez Lores, os concelleiros Carme Fouces, Eloisa Nogueira e Pablo Fernández, deportistas e campións como Támara Echegoyen, ÿscar Pereiro, Saleta Castro, xunto aos Caco, Richi, Toño Fernández, ÿscar Guimeráns, e representantes dos distintos clubs da cidade, ademais do organizador, que compartiron escenario con xornalistas e famosos como Manuel Jabois, Xabi Fortes, David Amor, Belén Roca ou Rodrigo Cota, actuando como presentador do evento o xornalista local Ramiro Espiño.
O partido foi mixto e amigable, con regras "permisivas" destinadas a lograr que participantes e asistentes pasasen unha mañá solidaria e divertida. Tan permisivas que facilitaron o empate final a 13 goles, cun último tanto obtido polo equipo que vestía de vermello, de penalti "polémico" e a tempo cumprido, sinalado polo árbitro, José Antonio Rey Fierro, cando a totalidade de xogadores do devandito equipo saltaron do banco á pista para facer valer a súa "superioridade numérica".
Os participantes distribuíronse en dous equipos, un que representaba o club organizador, Cidade de Pontevedra, vestindo indumentaria branca, e outro en representación de Rede Axuda, vestido de vermello.
O primeiro dos equipos, dirixido por Luis Oliveira, estaba formado por: Támara Echegoyen, ÿscar Pereiro, Belén Roca, Manuel Jabois, Jesús Bujía, Pablo Fernández, Saleta Castro, Jorge Álvarez, Dani Casás, Cristian, Héctor Tajes, Sergio, Pablo Blanco, Nani, Richi, Sara, Barkala, Chicho, Iria, Lucía e Fani.
Pola súa banda, o equipo de Rede Axuda, ás ordes de Pablo Vázquez, estaba integrado por: ÿscar Guimeráns, Miguel Anxo Fernández Lores, Carme Fouces, Xabier Fortes, Eloisa Nogueira, Toño Fernández, David Amor, Caco, Pablo, Cris, Julio, Varito, Berto, Vilela, Pocho, Gemma, Pacheco e Pombo.
Aínda que a entrada foi gratuíta, os asistentes colaboraron mediante a adquisición de rifas (por 1 euro) que lle permitiron participar en diversos sorteos realizados durante os descansos do partido, de estanzas ou tratamentos en balnearios, lotes de material escolar, camisetas asinadas por estrelas do deporte, como unha da Granada CF asinada por Fran Rico, suadoiro e bandeirola da SD Teucro, e mesmo unha cesta de Nadal, coa que resultou agraciada a afeccionada Purificación Vidal, quen tivo o bonito xesto de doala para a súa entrega ao comedor de San Francisco.
Relacionadas:
-
Novo partido solidario de Nadal do Ciudad de Pontevedra, a beneficio da Redeaxuda
Por Redacción |
-
Redeaxuda porá en marcha un programa de voluntariado
Por Oskar Viéitez |
-
Case 500 pontevedreses alimentáronse no Nadal grazas o 'moedeiro solidario' da Rede Axuda
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra organiza un partido solidario a beneficio de Redeaxuda
Por Redacción |