Bordils, difícil desprazamento para o Teucro na súa volta á realidade ligueira
Por Diego Espiño
Coa aventura copeira aínda recente, o Teucro debe volver de golpe á realidade ligueira cunha complicada saída á cancha do equipo revelación da tempada na División de Honra Prata, o Handbol Bordils (sábado 20:00 horas).
O esforzo físico do pasado mércores preocupa a un Javier Barrios que perde para a ocasión ademais da Álex Pombo, baixa os últimos partidos, a Carlos Pombo e Iván Fernández.
Para o técnico "siempre que hay unos esfuerzos va a haber que pagar unos peajes", pero asegura que intentarán adaptarse para loitar polo triunfo ante un equipo que conta "con su mayor fuerza en casa, acompañado de su público, donde imponen una intensidad en el juego muy fuerte con un ruido extraordinario de la grada",, segundo define Barrios.
A parte positiva para os azuis, cunha convocatoria de 12 homes por primeira vez na presente liga, é que a expedición viaxa nesta ocasión en avión o mesmo día do partido.
O Bordils, que só perdeu un encontro como local na División de Honra Prata, ante a Sinfín, é actualmente sexto na táboa con 14 puntos, un menos que o Teucro, que intentará facer valer os seus bos números como visitante para manterse na zona de privilexio.
JUAN BAR, CONVOCADO POLA SELECCIÿN ARXENTINA
A noticia positiva das últimas horas protagonizouna o porteiro arxentino Juan Bar, que foi convocado pola súa selección para disputar unha serie de amigables nos últimos días do ano.
Bar, que acudirá como segundo meta do combinado nacional xunto a Matías Schulz, porteiro do Balonmano Granollers, non poderá xogar por este motivo co Teucro no último partido ligueiro de 2013, ante o Torrelavega o próximo día 21 de decembro no Municipal.