O taekwondo amosa a súa forza en Pontevedra
Por Redacción
O espectáculo do taekwondo invade a Cidade de Lérez con 1.173 deportistas de 46 clubs de España, Francia e Portugal na XV edición do Open Internacional Cidade de Pontevedra que se disputa no Pavillón Municipal.
O club Mace Sport organiza unha competición que se divide en tres modalidades con 374 loitadores disputando a proba de combate, 443 a de técnica e os restantes, 264, que participan en exhibición.
A primeira xornada deste Open Internacional Cidade de Pontevedra foi moi fructífera para o club organizador. O Mace Sport finalizou en segunda posición na clasificación xeral de clubs. Ademais, un dos seus loitadores logrou o triunfo en categoría masculina e súas foron varias medallas nas categorías inferiores. O triunfo foi para un equipo de Ribeira. Ademais, en terceira posición terminou o Matt's de Marín.
A cita, que conclúe este domingo coas probas técnicas e de exhibición, consolídase como unha das máis importantes de Galicia, como demostra o aumento considerable de participación con respecto á pasada edición.