Protagonismo da Escola Xadrez Pontevedra no peche do Circuíto Galego
Por Redacción
Vilagarcía viviu o pasado fin de semana a última das 17 probas do Circuíto Galego de promoción 2013, que contou con gran protagonismo dos integrantes da Escola Xadrez de Pontevedra.
Os xadrecistas lerezanos lograron dous campionatos e dous terceiros postos subindo a tres dos catro podios nas diferentes categorías, compostas por xogadores menores de 14 anos.
En sub-8 Martí Martínez, aínda que non subiu ao podio, conseguiu un cuarto lugar, mentres en sub-10 Juan Manuel Martínez se proclamou campión absoluto.
Pola súa banda Pablo Ferreiro finalizou terceiro na categoría sub-12, mesmo posto que o seu compañeiro de club David García en sub-14, categoría en que a que o campión foi Alberto Portela.
En todo o Circuíto Galego participaron máis 400 xogadores durante os últimos seis meses.