Dolosa derrota do Portonovo ante o Mondariz en Baltar (2-3)
Por Redacción
Non remata de carburar esta tempada o Portonovo, que encaixou ante o Gondomar unha dolorosa derrota nos últimos minutos de partido (2-3).
O conxunto arlequinado repuxérase ao gol inicial dos visitantes grazas aos tantos de Suso Bea e Silva, pero nun partido con moitas opcións o Gondomar logrou remontar nos últimos dez minutos deixando co mel nos labios os de Ricardo Fernández.
Con este resultado o Portonovo suma a súa terceira semana sen gañar e ve como se afastan os postos altos da clasificación. Os de Baltar están agora na duodécima posición con 16 puntos, a sete puntos dos postos de ascenso directo.
PORTONOVO SD (2): Bermúdez, Dopazo (Marcos Blanco, min.89), Suso Bea, Iván Renda, César (Iván, min.43), ÿscar García, Suso, Víctor (Rodri, min.50), Silva, Nacho, Álex Cubas.
MONDARIZ CF (3): Javi, Jesús, Anxo, Chimpa, Xermán, Jonás, Mario, Nandi (Isaac, min.38), Noel (Doqui, min.73), Víctor, Iago (Alfaya, min.60).
Árbitro: Botana Rey (Santiago). Amoestou aos locais Marcos, ÿscar García e Silva e aos visitantes Nandi, Víctor e Doqui.
Goles: 0-1 Víctor, min.15; 1-1 Suso Bea, min.53; 2-1 Silva, min.71; 2-2 Víctor, min.81; 2-3 Mario, min.89.
Incidencias: Partido disputado no estadio de Baltar, Portonovo.