Pontevedra B e Ribadumia protagonizan un partido de ida e volta que cae do lado visitante (0-1)
Por Redacción
O Ribadumia reinou na loucura de Pasarón para asegurarse tres importantes puntos ante o Pontevedra B (0-1).
Ambos os dous equipos gozaron de multitude de ocasións claras de gol nun choque igualado, de ida e volta e aberto ata os últimos minutos.
No medio de tanta imprecisión cara a gol, un lanzamento de falta directa de Fernando no 57, que sorprendeu a Adrián lixeiramente adiantado, resultou determinante converténdose no único tanto do encontro.
Igual de determinante resultou o porteiro visitante, Pajarillo, detendo a falta de tres minutos para o final un penalti cometido sobre Víctor e executado por Kevin Presa cando o filial granate xogaba xa en oferioridad numérica por expulsión de Juan Ignacio.
Co triunfo o Ribadumia de Gabi Leis consolídase nos postos de ascenso directo con 24 puntos, mentres o Pontevedra B se estanca en metade de táboa con 15.
PONTEVEDRA CF B (0): Adrián, Uru, Marou, Kevin Presa, Juan Ignacio, Héctor (Félix, min.75), Paco (Alves, min.69), Puyi (Víctor, min.60), Ismael, Collazo, Pedro (Diego, min.60).
RIBADUMIA CF (1): Pajarillo, Jonathan, Fernando, ÿscar Río, Pablo, Daniel, Álex Gómez, Manu Nieto (Sylla, min.89), Fran Castaño (Jonathan Somoza, min. 85), Josiño (Xurxo, min.51), Changui (Jorge, min.90).
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amoestou aos locais Paco e Diego e aos visitantes Pablo, Daniel, Jonathan e Josiño. Expulsou por dobre cartón amarelo ao xogador do Pontevedra B Juan Ignacio (min.85).
Gol: 0-1 Fernando, min.57.
Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante uns 200 aficionados.