O terceiro cuarto condena o Peixe Galego en Vitoria (74-66)
Por Redacción
O Peixe Galego non foi capaz de sumar o seu terceiro triunfo consecutivo tras perder na cancha do Araberri alavés (74-66).
Os de Javi Llorente arrancaron o encontro dominando o electrónico, pero o conxunto local repúxose no segundo cuarto (36-31) para romper despois o choque á volta de vestiarios, nun terceiro período nefasto para os marinenses (59-42).
A pesar do intento de reacción do Peixe Galego o equipo vasco limitouse no último cuarto a controlar a súa vantaxe asegurándose a vitoria.
Con este resultado o conxunto 'peixe' o queda na quinta praza da clasificación.
ARABERRI (74): Bernardi (12), Aitor Carrera (6), Martín Buesa (10), Hernández (7), Malik (14) -cinco inicial- Uriarte (5), Daniel Lorenzo (8), Arcelus (3), ÿscar Raya (9).
PEIXE GALEGO (66): Manu Ferreiro (4), Luis González (10), Aramburu (8), Albert Homs (10), Al Rapier (5) -cinco inicial- Darío Suárez (9), Víctor García, Lucho Fernández (15), Gregorio Adón, Cedric (2), Dirugeris (11).
Árbitros: Bravo Loroño e Caamaño Muñoz.
Parciais: 14-15, 22-16, 23-11, 15-24.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo de Mendizorroza, Vitoria.