Sufrido triunfo do Xuven ante o Zornotza (69-66)
Por Redacción
Final feliz pero agónico no Pombal para o Xuventude Conservas de Cambados, que tivo que sufrir ata a última posesión do Zornotza para asegurar o seu terceiro triunfo da tempada (69-66).
O conxunto vasco tivo ata dúas opcións para igualar ou poñerse por diante nos últimos segundos, pero primeiro un tapón da defensa amarela tras unha perda de balón e despois un fallo no tiro dos vascos, cando o partido agonizaba, aseguraron unha vitoria que non estivo nada clara para o Xuven durante boa parte do partido.
O conxunto adestrado por Yago Casal comezou o partido con dúbidas pero mandando no electrónico durante toda a primeira metade (33-28), pero non logrou abrir brecha e tras o descanso os vascos puxéronse por primeira vez por diante (33-35) cun parcial de 0-7 de saída.
A partir dese momento a igualdade foi máxima ata o apertado minuto final, no que tiveron moita incidencia os tiros libres.
Con este triunfo o Xuven sitúase en sexta posición da liga Adecco Prata, a só un triunfo do liderado.
CONSERVAS DE CAMBADOS (69): Orellano (10), Alberto Rodríguez (19), Juan Mato, Merino (10), Taylor (10) -cinco inicial- Lucas Vaquero (3), Norman Rey (7), Diatta Diop (4), Oubiña (6), Patiño.
ZORNOTZA (66): David Quero (12), Joseba Iglesias (2), Salazar (7), Ibon Carreto (25), Rowley (4) -cinco inicial- Bandoumel (12), Borja Mendía (4), Morán.
Árbitros: Zafra Guerra e Terreros San Miguel. Sen eliminados.
Parciais: 18-12, 15-16,15-14, 21-24.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Pombal, Cambados.